INSEMINARIO

a punk attitude

29.1.11

Premio á concordia

Creiamos que a Alianza de Civilizacións lanzada por Zapatero era un rollito guay con los moritos. Pero non, agora vemos que se trata dunha proposta verdaderiamente seria, xenerosa e que procura a concordia con outra civilizacións, particularmente a norteamericana. E aras de este espíritu de xenerosidade se aproba unha lei que visa defender das descargas ao cine estadounidense, que precisamente é o principal competidor do cine español.
Por este fermoso xesto propoñemos a Zapatero ao Premio Inseminario a la Concordia e as Cousas Bonitas.

Jonny Beige Muller

22.1.11

Inseminarista do ano

A Asociación da Xente Normal propón ao cidadán Berlusconi como Inseminarista do Ano. Destaca entre os seus innumerables méritos (políticos, artísticos e sexuais) a demostración empírica de que a política é inocua: despois de varios anos do seu goberno, Italia segue a funcionar normalmente.

Ciudadano Caneco

17.1.11

Arquitectura orgánica

Si a Cidade da Cultura se fixera en Lalín, ¿Tería forma de cocido?
Lacon Lover

13.1.11

Parecidos

¿En que se diferencian La Voz de Galicia e Belen Esteban?

CONFUCION

7.1.11

TURISMO

Dícese da actividade consistente en verificar que lugares máis ou menos distantes son exactamente iguais a información que previamente recollimos sobre eles.

AXNQCLLPRELPQ (Asociación da Xente Normal Que Cando LLes Preguntas Respostan E Logo Pra Que?)