INSEMINARIO

a punk attitude

12.8.10

moitas graciñas

Por este medio queremos agradecer á Real Encomenda da Hamburguesa sen Pepinillo de MacDonalds o nomeamento que vén de facer a Inseminario como novo membro numerario da orde. Este ano o acto de entrega da hamburguesa de prata correrá a cargo de Mariano Raxoi en persoa, xunto cunha nutrida relación de comendadores (Alberte Nunes Feijoo, Afonso Roda, Zé Luis Baltar, o expresidiario Mário Conde, etc.).

Aceitamos donativos da lexión de admiradores de Inseminario para a adquisición do equipamento completo (capa española e casco de fútbol americano).

A festa principiará, como en anteriores edicións, co solemne acto inaugural nun solar abandonado do Polígono Industrial do Tambre (Santiago), e seguirá coa procesión acostumada até o MacAuto de Cancelas. Xa no recinto haberá unha cata de hamburguesas de Mac Donalds sen pepinillo, maridadas coas mellores Coca-Colas traídas ex profeso desde os cinco continentes.

Animamos aos nosos leitores a acompañarnos en data tan sinalada e de paso a gozar con esta entrañábel festa tradizonal gallega.

Unha fortísima aperta a todos e a todas.


Movemento SuFaTo