INSEMINARIO

a punk attitude

24.5.10

Pasando á acción

Chegaron algúns mails de fans preocupados polo noso baixo nivel de actividade. Ben, imos contar a verdade.
A cuestión é que decidimos deixar o rollo teórico e pasamos a acción. Por elo todos os Inseminaristas temos agora uns traballos que nos comen bastante tempo, vexamos:
Dous están de asesores de Feijoo. Fundamentalmente un adícase a entretelo así sen máis porque se aburre bastante e agradece moito o entretenemento. Outro encárgase da política linguística.
Outro está de asesor do Conselleiro de Educación. Dille todo o que ten que facer e deixar de facer, dicir, etc. Cómelle bastante tempo porque o tío este é hiperactivo.
Outro fíxose de Galiza Vilingüe e o último que soubemos del é que se fixera gigoló da jefa. Antes de desaparecer contara que cando quería caña guarra, moláballe que lle falara en galego de aldea pero cando se puña dominatrix falaba inglés de Moeche.
Outro está a traballar de consultor cultural para o Conselleiro de Cultura. É o que mellor vive e tan só ten que escribir algún discurso de cando en vez.
Outro marchou para a Moncloa. Tíñalle un pouco de teima ao seu traballo de funcionario, nunca podía ler o xornal en paz.
Outro sentíu a chamada da arte e presentouse a ver se o mandaban a Eurovisión. De momento aí está, oe, vai representar a España. Tivera algunhas propostas de Belice, pero non admitiron este país, non é como Israel.
O ecoloxista foi traballar a BP e aí está o Gofo de México cheo de chapapote. Cando antes rematemos co petroleo mellor. Muerto el perro se acabó la rabia que decía o proberbio español (ou era un refrán chino? agora non lembro).
....
E así está o panorama, todos por aí...


Grei Parrote & Asociados. Asesores


2.5.10

C'ON THE ROAD

O sea, que o presidente do PP de Santiago sexa un admirador fanático de Jack Kerouac e da xeración beat, e ao tempo o azote da cultura independente (NASA, Gentalha do Pichel) non ten nin pes nin cabeza. O típico trastornado que non se aceita a si mesmo.


Jonathan Than