INSEMINARIO

a punk attitude

28.12.09

Verdades Auténticas

¿Terá algo que ver a "familia verdadera" de Rouco-Varela co "IRA auténtico" de Irlanda?. E de ser o caso, ¿cal dos dous é o brazo armado?

COMITÉ INSEMINARIO POLA INSEMINACIÓN

P.D. ¿E que hostia sabe un célibe como se procrea? ¿E por que azuzan tanto á peña para que folle? E cando se berra "Galiza Ceibe", ¿sábese o que se está a pedir? Si, etimolóxicamente...

27.12.09

Tribunal constitucional estancando

O Tribunal Constitucional leva meses estancado na resolución dun arduo e complexo debate:
¿España, nación ou mercadillo?.

Raimundo Montoya.

25.12.09

Dios Mio

Seica detrás de todas as grandes preguntas sen resposta (¿de onde vimos?, ¿a onde imos?, ¿cal é a orixe da materia?, ¿onde está o final do universo?, etc) está Deus. É dicir, Deus é unha medida da nosa ignorancia.

Filomena Sofía Alves da Fonseca e Honorio de Souza.

19.12.09

PE vs IT

A Federación de Consultores Normales e a Asociación de Amigos dos Consultores Normales
ADVIRTEN
á políticos, técnicos, funcionarios, Directores Xerais, Directores Executivos, Secretarios Xerais,Traballadores, líderes de Ong, sindicalistas, Ceoe, ONU, UE, AEA, OEA,líderes da Región Gallega en particular, etc etc que:

non confundan nunca máis PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA con IMPROVISACIÓN TÁCTICA.

Existen notables diferenzas.

De non facer caso desta sinxela advertencia farán o máis profundo dos ridículos como xa ven sendo un costume aparte de que non lles sairá nada dereitas, como tamén é costume.
FCN AACN

12.12.09

A trindade icónica do nacionalismo galego

A trindade icónica do nacionalismo galego:

CARTAZ, AUTOCOLANTE e FAIXA


Asociación de Amigos da Xente Normal

10.12.09

SuperAFavor da SGAE

Si amigos, se non fora pola SGAE de que iamos a ter a posibilidade de seguir baixando música pola cara. Si, digo ben, son tan sumamente odiosos e desagradables a calaquera dos 5 sentidos, que conseguiron o maior rexeitamento social nunca coñecido en España dende o sacauntos.
Gracias a eles calquera inciativa para restrinxir as descargas provoca a absoluta repulsa da sociedade.
SuperAFavor da SGAE!!!!

Benito Soto

2.12.09

Super A Favor do Reintegracionismo

Temos que recoñecer que o tema quitounos o sono durante anos. Non é que estiveramos preocupados, non, simplemente é que se saes a tomar copas na Región Gallega ao final sempre acabas dando cun colega Reintegrata que che sorbe a seseira coas súas fundamentadas leis físicas, biolóxicas e identitarias. Total que ao final acabas marchando para casa máis tarde do que pensabas, maís ainda se pretendes recuperar o tempo invertido no Reintegracionismo.
Pero agora xa non voltará a pasar. A partir de agora mesmo acabamos de botarnos en brazos do Reintegracionismo e somos xa fieis e entusiastas conversos. Aledámonos por fin de que Portugal, Brasil, Angol, Timor Leste, etc acollan a norma gallega e por fin se reintegren alí de onde nunca deberon saír.
Saúde irmaos Reintegratas!
Irmaos Inseminarios Reintegratas (IIR)

1.12.09

Moito me alegrei...

A industria musical desaparecerá en 5 anos, si continúan as descargas.
Alabado sea o señor, amen.
Padre Cícero