Superafavor de Santiago Rey
Prezado colega editor D. Santiago Rey Fernández Latorre:
En consonancia co seu acertado editorial de 30 de agosto de 2009, Inseminario quere facer algunhas contribucións que abundan na liña de reflexión por vostede emprendida. Vaia por diante a nosa gratitude por ter aberto un debate tan necesario como, quizás para algúns, incómodo.
1) Ademais de todos os extremos por vostede apuntados, nos bares e tabernas de Galicia, nas paradas de taxis ou nas saídas dos colexios a xente normal pregúntase polo inmenso custo dun porto exterior da Coruña (Punta Langosteira) deseñado sen estudio de viabilidade, inhábil en numerosas épocas do ano pola acción das correntes mariñas e a tiro de pedra doutro porto exterior, o de Caneliñas en Ferrol -síntoma desa descoordinación e localismo que vostede denuncia-.
2) Tamén se cuestionan as persoas de boa fe os fondos que reciben os medios de comunicación por parte dos poderes públicos, detraendo recursos para centros de saúde, escolas infantís e políticas de atención e coidado dos nosos anciáns. E todo sen que se garanta unha precondición democrática, a da pluralidade informativa, a da independencia crítica e a da separación de poderes.
3) E por último a xente sinxela, tan atinada na súa intuición, pregúntase pola rúa quen gañará finalmente, se La Voz ou Galicia.
Esperamos que estas breves pinceladas sirvan para completar o seu artigo, digno por outra parte de loa e mención.
Seus afectuosísimamente,
INSEMINARIO