INSEMINARIO

a punk attitude

19.2.09

Vangardas culturais

Se isto é a vangarda cultural, non queremos nin maxinar qué será a cola cultural. Pode a vangarda autodenominarse e autoproclamarse? é bo que un suposto político se rodee de vangarda cultural?
SuperAProl das vangardas, precisamos unha Región Gallega con catro ou cinco vangardas culturais por galego e galega. SupeAFavor dos amigos e amigas en língua galega das cousiñas normais.
Avant Garde Ría

12.2.09

O blogueiro idiota

Pasar o tempo libre colgao de internet e outras chorradas tecnolóxicas é bastante idiota. Xa o di a palabra:

I+D+i+ocio

Comité Inseminario para a Verificación (Civer)

9.2.09

O auténtico bilingüismo

Aquí está o auténtico bilingüismo.
Aproveitamos para manifestarnos SuperAProl e SuperAFavor do Bifidismo.
Dr. Esquizo e Mr. €

7.2.09

Pregunta Pertinente

¿A manifestación contra o galego de Galicia Bilingue está pechada aos frikis deste colectivo ou poden asistir outro tipo de frikis? É dicir, ¿vale ir caracteizado de Darth Vader ou Gandalf? O Comité Freak Inseminario, como non podía ser doutro xeito, está SuperAFavor do frikismo libre e sen fronteiras.

World Be Freak

4.2.09

OKUPAZOM (2)

E DE ANTÓN REIJA E TERESA MOURE MELLOR XA NIN FALAMOS

Brigada de Profilaxe Social

OKUPAZOM

Vista a okupazom do espacio cultural galego por parte de certos individuos, queremos manifestar que:

ESTAMOS HASTA OS GHOEBOS DE MANOLO RIVAS, DE SUSO DE TORO E DE YOLANDA CASTAÑO.

BPS (Brigada de Profilaxe Social)

Outro home sabio


Manolo Rivas é outro home de gran sabiduría.
Aquí podemos ler un artigo de hai uns meses no que ven a queixarse de cómo as centrais eólicas, e outros chismes, como moi acertadamente define, destrúen o contorno. Concretamente fala do seu (noso) Elsinor.
Uns meses máis tarde, tras o cambio do rumbo do vento, nunca mellor dito, este home sabio amósase SuperAProl dos Muiños eólicos, chismes deses, vamos.
Inseminario amósase completamente SuperAFavor da sabiduría porque constatamos que aquelas especies capaces de adaptarse rápidamente a condicións ambientais cambiantes e impredecibles son as máis intelixentes. Polo menos son as que sobreviven. Claro que a fauna silvestre non inventou a ética: eso fixéronno uns pringaos bípedos.