INSEMINARIO

a punk attitude

31.10.08

Quin, de vocación, intelectual

Tras esta sentencia "el nacionalismo sólo tiene sentido si crea bienestar" chegamos á conclusión de que é un intelectual como a copa dun carballo.
Abre un campo de horizontes ilimitados no que tímidamente aportamos que "a confusión só ten senso se crea benestar", "o cocido so ten senso se crea benestar", "o capitalismo so ten senso se crea benestar", "o comunismo so ten senso se crea benestar", etc. GraZas a esa luz que nos ilumina chegamos á conclusión de que o que non crea benestar é masoquismo e/ou sadismo ou cristiano.
E para concluír, unha pregunta: se estamos SuperAFavor do benestar quere dicir que estamos SuperAFavor do nacionalismo? do cocido?
Pepiño Camús

15.10.08

Preguntas intelixentes (2)

Por qué o Diario Cultural da Radio Galega remata cando comezan todos os culebróns na televisión?
Lingüistaman

Os reis tamén xogan

Os xoguetes non son patrimonio dos nenos. Os adultos tamén xogan con xoguetes. Incluso a Nación Española subvenciona xoguetes tan caros como un avión Hércules para que xogue un único neno. A Asociación de Xente Normal SuperAProl da Igualdade (AXNSAPI) reclama que todos os nenos temos dereito a xogar co Hércules, non só o Rei.
quero o hércules quero o hércules quero o hércules

14.10.08

Rajoy, cada día máis normal

A Asociación de Xente Normal (AXN) e a Asociación de Amigos da Xente Normal (AAXN) veñen de recoñecer en sendos comunicados os grandes esforzos que Rajoy ven de realizar por se converter á normalidade. A AXN e a AAXN recoñecen o normal é considerar que un desfile militar, efectivamente, é un coñazo e que mellor ter outro plan. Por ise motivo a AXN e a AAXN decláranse SuperAFavor de Rajoy e das súas pretensións de normalidade.
A AXN e a AAXN, Octubre, 1917.

9.10.08

La unidad de España (2)

La unidad de España es frágil. Pero cada día, menos.
Ata fai pouco só había un pegamento: ETA.
Agora sabemos que existe outro: evitar que Hamilton gañe o campeonato do mundo.
Sé patriota: merca un Ferrari.
D. Pelayo

4.10.08

Vidas audaces

Ser taquillera del metro te pertime adquirir una gran cultura. Yo ya me he leido las obras completas de Corin Tellado y Dan Brown.
Taquillera del Metro de Madrid.

Preguntas intelixentes

¿As mulleres con burka depilan o bigote?

El Niño de la Solveira