INSEMINARIO

a punk attitude

18.9.08

¿En que se difencia un tucho de un gafapasta?

O Comité Inseminario para que a Noite non Vos Confunda (CINVC) ven de elaborar unha guía da fauna noctura galega, en cuio primeiro capítulo desentrañamos as sutís diferenzas entre un tucho e un gafapasta.

1) O habitat natural do gafapasta son as urbes galegas. É a especie predominante na zona vella de Santiago. O tucho, en cambio, tende a concentrase en Santa Comba, Ordes, Ponteceso, A Ramallosa, etc.

2) O gafapasta gosta de garitos pequenos, oscuros, cheos de fume e dun estilo antigo perfectamente diseñado. O tucho prefire as romerías a cuberto (macrodiscoteca).

3) O gafapasta di que escoita jazz. O tucho xa non escoita nada, pero pon reggeton a toda hostia no coche.

4) O gafapasta segue as tendencias do tunnig galego: pegatas de Gz, Nunca Máis, etc. O tucho prefire aleróns, spoliers, neóns, etc (segue as tendencias do tunnig internacional).

5) O gafapasta empúxate nos garitos, mira para outro lado e parapétase no mogollón (non gosta da violencia). O tucho empúxate, mírate aos ollos e queda esperando (é un malote).



E ti, ¿de quen ves sendo?.



Felix Rodríguez del Grifo (de caña)

14.9.08

Violencia de xénero.

¿Violeta, a moza de Antorio Puerta (o agresor do profesor Neira) non é unha muller maltratada polos medios de comunicación?.

Sandokan

11.9.08

Polvos máxicos cor fucsia

Érase unha vez que un mago chimpou uns polvos máxicos cor fucsia sobre a Xunta de Galicia. Os polvos máxicos cor fucsia tiñan a propiedade de facer que cada persoa só falara do que realmente entende. Así, fíxose un estrepitoso silencio que se espallou por todo o país como unha marea fucsia.
Tamara Iz

9.9.08

En primicia: Sarah Palin é Gallega

Logo de que se espallara o rumor de que Sarah Palin era a gobernadora de Alaska e fora alcaldesa dunha vila, a Unidade de Xornalismo Inseminario de Avanzada (UXIA) ven de descubrir todas as probas que demostran que a Candidata é Gallega! Concretamente é de Lugo e sabemos que traballou na Diputación.
Así que non podemos máis que estar SuperAFavor de Sarah Palin e da súa filla: será fantástico que unha gallega de Riotorto chegue a Vicepresidir o planeta.
Dargüin

4.9.08

Bloque, guía básica de xestión. Versión actualizada 2008

Se EU me tiro un peido: arrecende, todo ben, qué bonito.
Se OUTROS tiran un peido: fede, é unha salvaxada e son uns traidores.

Yosi Tunó