INSEMINARIO

a punk attitude

21.7.08

Deus existe! e é un patriota!

Suárez Canle ven de declarar que cré en Deus, que existe e que Deus está SuperAFavor de el e máis do bloque. Preguntado por tal ataque de fe, manifesta que estas choivas de primavera e verán, enviadas polo altísimo, venllen moi ben a súa campaña de incendios.
Polo tanto propoñemos que o vetusto e arcaizante "denantes mortos que escravos" quede derogado en favor do máis moderno e realista "Totus Tuus". Unense a esta campaña Kiko Argüello, Beatriz Carbajal, Rouco Varela, Antonio Losada, Fernando Savater Dragó e outros destacados.
Monica Bellucci ainda non se pronunciou.

11.7.08

Campaña "Prohibamos o galego, xa"

Se patriota, se innovador, súmate a nosa campaña. Asína en:

http://www.efirmas.com/37042/index.html



Promove: Inseminario.
Apoian: Movemento SuFaTo, Reticencia Galega e Partido da Xente Normal.

Se queres adherirte faino en: prohibamosogalego@gmail.com

Sen galego somos +

8.7.08

Polígono Industrial de Galicia

Nin nación
Nin región
Nin autonomía
Nin país
Nin estado
Nin república
Nin nada de nada....

Dimos coa resposta, atopamos a verdade e o camiño: Polígono Industrial de Galicia.

Frenando Branco

2.7.08

Pensamento inseminario

O pensamento inseminario cala na nosa sociedade e cada vez son máis e máis os herois inseminarios. Roberto Verino e Oscar Pereiro veñen de sumarse a unha campaña para restrinxir o emprego do galego. Non está mal, pero pódese mellorar (InFaTo: Indolentemente a favor). Inseminario, no seu papel de vangarda social, ven reclamando a prohibición total do uso do galego. Esiximos que o galego sexa prohibido, perseguido, queimados os libros, discriminados e ridiculizados os falantes e fustigados na praza pública quenes acolleren, consentiren ou deran cobixo a calquera galegofalante. Recibirán pena de cárcere quenes agochen documentos ou calquera tipo de soporte analóxico ou dixital en galego.
Anunciamos o lanzamento dunha campaña inseminaria de prohibición total do Galego.
Roberto, Oscar, contamos con vos!!.
En breve, haberá máis novidades.

Martin Kodak