INSEMINARIO

a punk attitude

28.5.08

Integración (2ª parte)

Declaración institucional
El Parlamento Español, a favor de la integración del pueblo gallego

EFE.- Madrid. El Parlamento acordó una declaración institucional a favor de la integración de la comunidad gallega. El documento fue adoptado por la mayoría de los grupos presentes en la Cámara, con la excepción del BNG que se opuso a la integración. El parlamento promulgará en breve una ley de integración por la que cada gallego recibirá una vivienda unifamiliar de 530 m2 en Puerta de Hierro, así mismo, las administraciones harán funcionarios públicos a gallegos por un proceso de adjudicación directa como medida para favorecer la integración.

Toñito Flowers


27.5.08

Integración

Antes disto sería, se cadra, interesante:
1. Preguntar se eles teñen interese en integrarse
2. Explicarlles onde se teñen que integrar. É dicir, cobrar un pastizal por dicir pailanadas e xogar a ser xente así como seria, tipo parlamento, pois si, integrarse en ser telepizzero, pois se cadra non.
3. Considerar se un neo-integrado falaría galego? castelán? bilinguismo armónico? diglosia armónica? Galiza Caló? tan xitano como o polbo á feira?
E tamén deberíamos preguntarnos por qué non nos integramos nos? tipo familia Flores, of course, nada de poboados no Bao, claro.

En calquera caso, se a integración consiste en ser Aymerich, claramente estamos SuperaFavor da Integración e da Desintegración (molecular), todos somos Aymerich.
E por suposto, estamos SuperAFavor (pero SuperSuperAFavor, eh!) de que Aymerich se integre il mesmo un pouco, necesítao, así as súas reaccións etnicistas e esencialistas veríanse un pouco matizadas. Tirando de hemeroteca: Aymerich escandalízase de que o himno galego fose tocado con guitarra (eso es de gitanos!!). Tamén estamos SuperAProl da memoria, inda que non sexa histórica.

Camaraô da Ilha

23.5.08

"nada muda"

"Nada muda"
Nom sei o que tem para que o queiram todos ter. Nom sei como é, quem o consegue muda e vê como ao final acaba por fazer o mesmo que o anterior. E mesmo hai quem o fai pior que o seu inepto antecessor. Resulta triste comprovar que nada muda no essencial. E quem critica mais o que os outros fam, quando pode cambiar, acaba por fazer igual. Para mim que é como uma lei natural: nunca falha e tem fiabilidade universal. E aquel que foi instigador, contestátario, salvador, num bo sofá pode virar na sombra do seu opressor"

Inseminario SuperInFavor to Projecto Mourente.
+aqui

10.5.08

SuperAFavor de Millán Astray

A cultura viña sendo ate o de agora unha creación social, coñecemento partillado sobre as cousas que nos rodean, a suma portentosa de millóns de achegas insignificantes ailladamente e a súa construción baseabase na non apropiación excluinte.
Agora a CULTURA seica é o privado, o excluinte, o que ten bandeira e fronteira previo pago das taxas aduaneiras.
!Abaixo a CULTURA!
Que clarividencia a de Millán Astray! (Galego coma nos).

Patxi Glas

6.5.08

Semellanzas 1

Pregunta: En que se parecen os Gobernos do PP/Fraga e PSOEBNG/TouriQuin?
Resposta: O poder e o uso do mesmo son arbitrarios.

Semellanzas: novo espacio intraactivo do InLaB (Laboratorio de Formas Inseminarias)