O Tunning Galego, Existía!!
Por elo estamos SuperAFavor da Guardia Civil. Colateralmente veñen de descubrirmos o Movemento de Liberación Nacional Galego. Descoñeciamos a súa existencia pero acreditamos que existe, máis que nada porque é unha franquicia do Movemento de Liberación Vasco denunciado públicamente con éxito por Aznar cando non-negociaba con terroristas. Podemos tirar así varias conclusións:
- Existe o auténtico Tunning Galego
- Parte do goberno galego practica o tunning galego: A UPG leva pegatas GZ.
- O auténtico terrorismo galego é unha franquicia do Vasco.
- A Guardia Civil está conformada por Regionalistas brillantes.
- Existe unha conexión entre o terrorismo e o Tunning. Realmente sempre sostivemos esta hipótese.
- Hai polo tanto unha conexión entre o Goberno da Región Gallega e o Terrorismo.
- Existe unha constelación de perigosas organizacións Tuneadoras/Terroristas na Región Gallega.