INSEMINARIO

a punk attitude

26.2.08

Con cabeza y Corazón: Moi moi mal Señores do PP

Con Cabeza y Corazón: este es el eslogan de ese partido medio de Rojos Blanditos en el que se ha convertido el PP.
Todos sabemos que lo que necesita este país son:
UN PAR DE COJONES
Hostia. Ya.


Comité Vicente Risco de Asesoramento Integral Inseminario (CVRAII)

25.2.08

SuperAFavor de Acebes e Zaplana

O Comité Inseminario Anticonxelamento (CIA) está SuperAProl de Acebes e Zaplana. Non podemos entender que os dous grandes prohombres do PP (partido da competencia) estén metidos no conxelador polos grandes traidores internos do PP.
Reivindicamos a Zaplana!
Reivindicamos a Acebes!
Devolvédenolos!! Son nosos! Son patrimonio da Humanidade!

CIA

24.2.08

Vota con todas as túas forzas!

Farémolo, farémoslle caso a Zapatero. Iremos á mesa electoral, apañaremos a papeleta de Reticencia Galega, dobraremola con cuidado, meterémola no sobre, ensinaremos o documento de identidade, comprobarán os datos, alguén dirá "vota" e nós, sobre en man, meterémoslle un hostiazo descomunal á furna.

Quedará feito un cristo, miles de cristais polo chan, pero iso si, nós teremos cumprido coa nosa obriga: votar con forza, con todas as nosas forzas.

Comité Superaprol das Ocurrencias dos Sociatas (Co Suoso)

20.2.08

Obama é un pringao

Visto o video clip promocional da campaña de Obama, consideramos que Obama é un perdedor e que, en consecuencia, debe ser votado calquera outro candidato, incluído John McCain.
No video é apoiado por un nutrido grupo de secundarios de series de éxito como Sin Rastro, CSI-Miami, CSI-New York, etc, así como algunha guapilla que outra, como Scarlett Johansson. Que a súa muller o apoiara o dábamos por feito (ou qué?).
Así as cousas debemos facernos dúas preguntas clave:
Primeira: ¿A que apoian Grissom, Horatio, Mac Taylor y Jack Malone?.
Segunda e decisiva: ¿A quen votaría Monica Bellucci?.

Comité Inseminario de Nacións Reunidas Geyper.

18.2.08

Ciencia

O Sindicato de Científicos Inseminarios A Prol do Rodaballo e o Porcopunk (ABC) declara solemnemente que, ao contrario que outros colectivos marxinais, estamos SuperAFavor (pero SuperAFavor) de:
  1. As leis da termodinámica.
  2. O metabolismo (tanto catabolismo como anabolismo).

E de momento non dicimos nada máis inda que poderiamos.

ABC

30 anos


En realidade, Punk foi editada un ano antes, pero bueno. SuperInFavorTo

12.2.08

Campaña: Axuda a Rajoy!

Rajoy pretende impoñer as costumes Españolas aos inmigrantes. Nos estamos SuperAFavor de Rajoy, dos inmigrantes, das Costumes, e das Españolas, todo xunto e por separado.
Agora ben, sabedores de que non todas as costumes teñen o mesmo peso, cáles serían as prioritarias a impoñer? Exemplos non faltan: Falar cun palillo na boca? Mallar na muller? Tirar o lixo sen disimulo pola ventanilla do coche? Soster, veña ou non a conto, que o xamón é o mellor do mundo? Insultar aos deportistas Afro-africanos? Especular co ladrillo? Emborracharse para ligar? .....
Para nos é unha incógnita, así que Axuda a Rajoy e dinos cál é a tua costume española favorita!!!


gustameofacil.com

E agora, a casa-Moucho


Tras a Igrexa-Moucho chega a Casa-Moucho.
Aproveitamos para comentar que posiblemente se trate dalgún xeito de metacivilización alieníxena Española polo que todos deberiamos tomar nota. Nos, estamos SuperAProl.
Por certo, disfrutade atopando os retretes-maceteiros: mostra da capacidade de reciclaxe performática, reposta contemporánea aos grandes retos da humanidade, metáfora da adaptabilidade das metacivilizacións, micro land-art, resposta vangardista a un problema da post-modernidade, etc.

4.2.08

Asociación de Pintores en Língua Galega

NOTICIAS.

O pasado mes de xaneiro a Asociación da Xente Normal (AXN) apadriñou o nacimento dunha nova entidade que aspira a vertebrar o atomizado panorama da plástica gallega:

a Asociación de Pintores (e Pintoras) en Língua Galega.

A asamblea de constitución da AP(P)LG resultou bastante movida, coa escisión dos que pintan en mínimos fronte aos que pintan en reintegrado. Seguiremos informando.

Johnnie Rotten Cogió su Fusil en Inseminario (JRCFI)

Normalización

Inseminario felicítase polo lanzamento da Colección Porno de Editorial Galaxia. Sen dúbida esta iniciativa comercial axudará á normalización definitiva da cultura galega. Os primeiros títulos anunciados, cun exquisito formato de edición de autor (moi aconsellables como regalo institucional), prometen ser superventas e referentes das novas tendencias literarias da Región:

- Rosalía Bukkake
- Pedrayo Gang-Bang
- Cuevillas Ass to Mouth

Os nosos máis emocionados parabéns aos creadores da idea.

Comité Inseminario para a Inseminación (Coinsins)

Desfacer país

Dada a gravidade do deterioro medioambiental que padece a costa galega, en parte debido á epidemia inmobiliaria que nos asola, a Consellería de Defensa da Xunta de Galicia, previo informe de Turgalicia, decidiu enviar ao destrutor "Curros Enríquez" (léase "Carhuos Enrhuiques") a bombardear cidades e vilas do litoral.

O ataque dos F-Deseuito, dotados de oxivas econucleares e misís aire-urbanización (os famosos "Esterco III" e "Purín I") foi un rotundo éxito, coa práctica eliminación das antes denominadas Coruña, Ferrol, Vilagarcía e Malpica. Tamén houbo incursións contra a flota arrastreira de Pescanova, cun saldo de 32 buques conxeladores destruídos. Non se descarta unha nova intervención nas Rías Baixas.

O movimento incendiario SuFaTo maniféstase superaprol do exército regional gallego nesta dolorosa misión de extirpar do noso país o cancro do progreso.

A Mesa Permanente pola Normalización da Fabada Litoral en SuFaTo (AMePerNorFaLiSuFaTo)

1.2.08

Franquicias 2

Avanzamos:
Antes o nacionalismo galego franquiciábase do Vasco.
Agora tamén do Catalán.

(franquiciase?) Coronel Tan Poco

Franquicias 1

Escolle entre diferentes programas electorais:
Escolle a túa franquicia.

Coronel Tampoco