INSEMINARIO

a punk attitude

19.1.08

Inseminario descodifica "Galicia, somos potencia"


A Vicepresidencia de Benestar e Igualdade xunto coa Consellería de Industria veñen de lanzar unha campaña chamada "Galicia, somos potencia".
Esta campaña xerou todo tipo de especulacións sobre o seu verdadeiro sigificado: trátase dunha campaña a favor da enerxía mareomotriz? Qué ten que ver o mar coa Industria? é unha campaña para facer máis portos deportivos? Está a punto de anunciarse unha enerxía que nos proporcionará benestar baseada nos mexilóns e nas lapas?.....
Ben, Inseminario, coa inestimable axuda da Profesroa Manhattan, vimos de descubrir de qué se trata realmente:
É unha subliminal campaña en contra da Impotencia e que anuncia a tremenda potencia sexual dos varóns da Región Gallega. Con qué fin? obviamente turístico; se os varóns teñen Cuba e Thailandia para ir foder, preténdese potenciar Galicia como destino turístico sexual para as mulleres de todo o mundo (tamén de gays, obviamente), a satisfación está garantida, en definitiva Benestar e Igualdade. Nos videos podemos observar constantemente homes fornidos de todas as idades en diferentes actividades configurando unha imaxe global de forte carga homoerótica. Podemos captar esas mensaxes subliminais que lanzan: "A nosa forza interior fainos potencia", Cál será a potencia dos nosos actos?". Eh!? aí queda eso.
Por si non o tiverades xa claro, observade a foto: espuma branca dunha onda estallando con forza cal onírico orgasmo pancósmico, letras blancas como pingando ... en fin.
Estaba claro, sí, pero tivemos que ser de novo Inseminario quen interpretara a realidade.


Watioman

11.1.08

Industria (musical)

Realmente quen máis danos provoca na industria musical son aqueles que non escoitan música, os que nunca van a un concerto, os que non mercan nin unha cinta cutre de gasoliñeira, en definitiva os que odian a música. Son eles os que fan realmente dano.
Así que SuperAProl dun Canon para estes cidadáns.

Canonista

Campaña de animación á lectura

Ibsen: casa de muñecas

3.1.08

Avances culturais: inaugurar unha biblioteca sen libros

Un nunca sabe o que pode atopar nos libros. Son obxectos pequenos, de papel, aparentemente inofensivos pero que os carga o diaño. Así que nunca se sabe.
Eso pensan no Ministerio de Cultura e na Xunta, con toda a razón do mundo, por iso, e atendendo a lexendaria prudencia do Gallego Medio, inaugúrase unha biblioteca sen libros. Sen dúbida unha medida tan prudente como cabal e en perfecta coherencia coa súa máxima: discursos baleiros de contido.
Propoñemos, na liña SUFATO, museos sen obras de arte (a arte, xa se sabe), concertos sen música (excita á xuventude), cocido sen porco (colesterol...) , libros sen verbas (non vaia ser), parlamentos sen deputados (quén sabe o que pode pasar), copas sen alcool (logo crean blogs por aí adiante), partidos sen ideoloxía (é dicir, de centro=dereita), etc.

Feliz e confuso 2010.