INSEMINARIO

a punk attitude

29.10.07

Pérez Varela: o heroe do punk galego nunca recoñecido

Pérez Varela é o noso heroe indiscutible, un auténtico punk cultural que nunca foi nin comprendido nin recoñecido.
Nestes intres, nos que tivo que declarar na Comisión da Cidade da Cultura, sabemos que o está pasando mal, así que dende aquí, un abrazo entusiasta SuperAProl de Pérez Varela.
E Aymerich que se ande con ollo a ver si se vai poñer a tiro, xa está ben de tanta crueldade: non se pode facer chorar a xente por aí adiante.
Aymerich, que DUP.

Barela Bowi.

23.10.07

A Mafia Incendiaria: agora en California!!!

Despois de devastar Grecia, Croacia, etc, a Mafia / Trama emigra a California desvastándoo todo. Cunha eficacia, obviamente planificada que responde a escuros intereses, a Trama incendiaria, préndelle lume as zonas máis dinámicas do país (californiano): Los Angeles, San Diego, Santa Mónica, Hollywood, Malibú, etc.
O gobernador Arnold Schwarzenegger xa contactou con Suárez Canle para que lle axude e asesore convenientemente, enviándolle un escapulario da Virxe do Corpiño que vai moi ben para o tempo.
O PP di que é culpa do bipartito, o bipartito di que é un boicot político, os pes negros din que a mafia das inmobiliarias están detrás e Antonio Losada garda silencio (por certo, quén era ese?).
Ónde golpeará a próxima vez a Trama /Mafia incendiaria? quizáis de novo na Región Gallega? lograremos pillalos algún día? Iker Jiménez está moi interesado neste caso de combustións paranormais mentres que un sesudo análise estatístico amosa que os incendios que están activos ao mesmo tempo e nun mesmo lugar queiman simultáneamente na mesma área.

Seguiremos Informando.

PeneLopez, Corresponsal en Malibú.

17.10.07

IO Landa: a pink attitude

Nestes momentos de confusión histórica, nos tempos do cambio, na era da evolución cibercultural e ante o SuperPolémico peche da web dos Aduaneiros sen Fronteiras, Inseminario declárase SuperAProl de IO Landa: Necesitamos rebopoar a Región Gallega con intelixencias fora do común e sensibilidades extraordinarias!!
Por todo elo creamos un premio SuperEspecial Narciso & Cortito para tan sigular clarividencia.
A continuación tedes o popular xogo das Mariquiñas versión Región Gallega para entretervos. Inseminario prescribe Atitude Punk.






Brigada de Profilaxe Social.

P.S. Os comentarios: SuperAFavor e dende fora da Región Gallega. Lembra que o Obxectivo é a Confusión. Proximamente entrevistaremos ao Dr. Fermoso.

15.10.07

E ti, de qué estás orgulloso?

Inseminario, na súa Campaña regional, SuperAProl do Orgullo lanza unha pregunta.
Mariano Rajoy está SuperOrgulloso de ser Español, outros de ser gays, Mayor Oreja de ser un franquista, Quintana de ser Vicepresidente...
E ti!? de qué estás orgulloso!?
Participa!!!

12.10.07

ORGULLOSOS DE SER ESPAÑOLES



¿Y tu cómo vas a manifestar, con franqueza, tu orgullo de ser español?


El movimiento SuFaTo está super a favor de que los españoles se sientan españoles y por eso queremos abrir esta ventana para que nos mostreis que llevais en vuestros corazones.

¡Deja aquí tu testimonio!. Cuéntanos que hiciste el 12 de octubre que fuera muy español.

11.10.07

SuperAFavor de España

Inseminario quere manifestar o seu incondicional apoio á nación Española e a Mariano Rajoy que di estar orgulloso de ser español. Nestes momentos tan duros e ante tamaña adversidade para ambos, en Inseminario, animados por Mariano Rajoy, imos exhibir unha bandeira española e celebrar o día de España. Hoxe mesmo cearemos nun Popular restaurante da capital da Región Gallega e en solidariedade e gardaremos un minuto de silencio de pesar.
Igualmente maniféstanse SuperAFavor de España e de Mariano Rajoy:
Asociación de Xente Normal
Asociación de Amigos da Xente Normal.
Asociación Regionalista Radical Gallega.
Fundación pola Despenalización do Orgullo
Fundación Santo Tomás SuperAProl dos Pecados Capitais
Colectivo Maiquel Nai para la Ley y el Orden.
Fundación para la Ley y el Orden.
Asociación Brasileira de Ordem e Progresso.
Peña Gallega de Kimi Raikonen.
Reticencia Galega
Colectivo do Orgullo Gay e outros Orgullos
Orgullo de Lugo.
Asociación Spanish Fly.




8.10.07

César pon negro sobre blanco

O noso indiscutible heroe, César Strawberry, deixa as cousas claras, unha vez máis, otorgando os seús propios premios Narciso & Cortito, os agraciados: Santiago Segura e Manu Chao:
"en la música hay tipos como Manu Chao, que no es más que el Ricky Martin del buen rollito. Y el buen rollito no es más que una industria aberrante"
Pois iso. Nos estamos SuperAFavor.
Chiri Piti Flautico