INSEMINARIO

a punk attitude

28.8.07

Panacea Universal: o himno da RG

REUTERS 27/08/2007
O famoso alquimista da Región Gallega, Angelquín Tana ven de descubrir a panacea universal que resolverá todos os males: aprender o himno da Región Gallega (RG).
Se ten vostede colesterol: himno. Que o seu marido pétalle; himno. Que lle está cambiando o clima na horta: himno. Que lle ven un tsunami enriba: himno....
Os efectos pan-terapeuticos do hinmo acadan o seú punto álxido se este é aprendido entre os 0 e tres anos de idade.
Saímos á rúa a preguntar nunha gardería qué opinión lles merece a boa nova. Algúns de 0-1 ano negáronse a contestar porque estaban durmindo ou regurxitando papilla, algún incluso chupaba con fruición un pezón o que provocou a envexa dos reporteiros. Os maiores, de entre 1 ano e 3, proferiron sonidos guturais, choraron, etc. Unhas respostas desconcertantes ante esta panacea. O máis extrano foi un neno de 20 meses que reiteradamente preguntaba "por que?". Sen dúbida, trátase dun membro da Oposición Alquímica, insensible, cobizoso e intelectualmente diminuído.

24.8.07

Diario Oficial de Galicia venres, 24 de agosto de 2107

DOG
Diario Oficial de Galicia
Venres, 24 de agosto de 2017

ANUNCIOS
Da Administración Regional

Resolución do Parlamento Regional de 25 de Xullo de 2107 polo que se solicita encarecidamente ós filólogos/as e sociolinguistas en xeral, tanto afeicioados como profesionais, que paren esta espiral.
Resumo: O Parlamento Regional solicita ós filólogos e filólogas da Región Gallega que paren xa de falar da Língua Gallega. Esta solicitude é extensiva a todos os sociolinguístas de profesión e afición. Igualmente prégase ós militantes Regionalistas que por favor paren xa dunha vez.
Resolución final: O Parlamento Regional considera que, francamente, xa está todo dito.

NewIago of Compostela, 25 de xullo de 2107.
Lola Jéssica El Saadawi Salambéré Cheng
Presidenta do Parlamento Regional Gallego Indostaní Reunificado.

22.8.07

Qué é un intelectual? (3)

O Consello Inseminario de Estudos Avanzados e Prospectivos (ATBCAISP) sempre á vangarda, e logo de saber o que é un intelectual fixémonos unha pregunta máis: qué é o que leva a un ser humano a se converter en intelectual?
Tras arduos experimentos poñemos tres cuestións de manifesto:
  1. Un intelectual di que le moito ou efectivamente le.
  2. Unha persoa cunha vida en parella saudable non ten tempo a ler moito.
  3. Unha persoa cunha vida sexual activa (compartida) non ten tempo a ler moito.
Polo tanto un intelectual:
  1. Non ten vida en parella (moito menos trío ou relación aberta).
  2. Se a ten, esta é un desastre.
  3. Non ten vida sexual activa (compartida).
Deste xeito xéranse os intelectuais.

And we are SuperInFavor

We agree

20.8.07

A MAFIA INCENDIARIA: agora en Atenas!!

Inseminario non se detén ante nada: acabamos de localizar a mafia-trama-complot incendiario en Atenas. Qué vos diciamos? Van polas cidades con patrimonio da cultura!! Cabróns!. Nos estamos SuperAFavor do Patrimonio da Humanidade. Nós mesmos somos un bo exemplo.
Sen dúbida queren acabar co Bipartito Helénico. Mentres, Nuñez Feijoo cala e a Garda Civil grega xa detivo a un grego que di que non sabe nada. Claro.
Seguiremos informando. Concienzudamente.

9.8.07

Mariconadas (II)

Outra proposta de en-verga-dura para o colectivo gay. Unha liña de camisetas coa lenda:

GAY EGO
Mariano Locomía, Presidente do Comité Inseminario Superafavor das Propostas Constructivas e Inmobiliarias (PCI / S / PCI)

7.8.07

Incendios: trama, mafia, complot, conspiración!

Podería dicirse que estamos inactivos, pero non!! Inseminario nunca durme, estamos involucrados no medio dunha investigación crucial que revelará a auténtica natureza da
trama, mafia, conspiración, complot!!!
Neste momento temos probas máis que claras que a Trama incendiaria trasladouse este verán o Leste de Europa, concretamente a áreas mediterráneas, tras arrasar un pouco os rumorosos e eucaliptos da Región Gallega. Así, a mafia incendiaria xa arrasou Grecia, Italia... e agora de xeito moi especia, Croacia e a súa bela capital Dubrovnik onde se asenta a parte máis dinámica do país, sen dúbida a destrucción das cidades patrimonio da humanidade é un obxectivo principal deste grupo definido de mafiosos.
Inseminario séguelles a pista de cerca!
Fontes fiables aseguran que a Trama do lume pretende desestabilizar o bipartito de Italia, Grecia e Croacia. Sen dúbida supón un ataque contra o BNC (bloque nacionalista croata) que goberna dende hai pouco: un claro ataque ás áreas máis dinámicas das Regións. É altamente probable que o ano que ven ataquen París, Londres e Alemania, deixando xa para o 2009, Escandinavia.
Resulta relevante que se trate dunha trama InterRegional e non só dunha mafia Gallega tal e como as liñas de investigación detallaban.

Seguiremos informando obxectivamente.
Lumes Nunca Máis.

4.8.07

SuperAFavor da Colonización da Región Gallega

Dado o desorbitado nivel de incompetencia da Administración da Región Gallega nos máis diferentes eidos*, Inseminario, sempre á vangarda das solucións avanzadas solicitamos solemnemente:


SER COLONIZADOS

por algunha potencia extranxeira mínimamente competente.

Moitas gracias.

*
medio ambiente
política industrial
política enerxética
política do rural
transportes
sanidade
educación
lingoa e cultura (non máis cidades)
piscifactorías, recheos marítimos, paseos marítimos e outras formas litorais e costerias de cementación.
micción (mexan por nos e din ei carballeira)
urbanismo
chorvas e chavalas
....
....

O concepto de mar libre

Para conducir un coche fai falta un carnet de conducir.
Para conducir unha moto de auga abonda con ser idiota.

SinPaz Andrade

2.8.07

Mariconadas

Vigo é a capital da eurorregión. Os gays e lesbianas de Vigo, sen dúbida os mellores da eurorregión, merecen ter unha patrona:

A VIRXE VIGOROSA


Mariano Locomía