INSEMINARIO

a punk attitude

31.7.07

Qué é un intelectual? (2)

Inseminario recolle a famosa sentencia da Profesora Manhattan acerca dos intelectuais co fin de alumar un pouco o laberinto intelectual:
Profersora Manhattan: pero, a ver, a fin de contas, un intelectual, de qué sabe?
Temos que dicir que o intelectual quería que a profesra Manhattan non falase.

24.7.07

Os libros arden ben!

A Comision da Region Gallega para a Igualdade Racial, de Xénero e para a Hixiene Moral en Xeral (CRGIRXHMX), quere manifestar o seu total desacordo coa idea de que a cultura nos fai libres, de feito non estamos de acordo nin coa cultura, nin coa libertade. O relativismo moral que envolve a sociedade occidental nos últimos anos é o vento sobre o que cabalga o mal. En consecuencia, é a nosa responsabilidade recuperar o máis granado da nosa tradición literaria, esto é ,queimar os libros, así como cedeses e outros soportes de contidos potencialmente dañinos.
Os libros que a continuación se citán, constitúen a expresión do mal e atentan contra os valores esenciais da nosa sociedade moderna dende a tradición e debareselle aplicar a axeitada profilaxe:
  • Tintín en el Congo, por basearse en estereotipos raciais atroces.
  • Asterix e Obelix, polo trato claramente xenófobo e ridiculizador que se lles da aos romanos.
  • Esther y su mundo, por contribuír a asentar entre a poboación feminina estereotipos patriarcais, machistas e retrógados.
  • El Jueves, por atentar contra la dignidad de El Rey (Elvis vive!).
  • As películas do oeste, por ofrecer unha imaxe sesgada e cargada de prexuizos racistas sobre os americados orixinarios.
  • As películas de gansters, xa que o consumo patolóxico de tabaco que nelas se produce contribúe a difundir na sociedade hábitos non saudables, e constitúe un mal exemplo para os nenos.
  • As películas de Wong Kar Wai, porque as asiáticas que saen nelas producen estragos na tensión arterial dos espectadores.
  • Os Teletubbies, porque inducen á confusión dos nenos sobre a súa propia sexualidade, constintuíndo unha forma abxecta de proselitismo gay encuberto.
  • Winnie de Pooh, por aproveitarse da candidez da infancia para fomentar conductas sexuais desviadas.
  • Batman e Robin en todos os seus formatos, xa que a relación de dous tíos con máscaras y pantys que se ven nunha cova e un deles se chama petirrojo, resulta claramente sospeitosa de toda perversidade.
  • Os cedeses de Barricada, Fermin Muguruza, MCD, etc, así como calquera outro idenficado pola AVT como antipatriótico.
  • Todos os libros de Educación para a Cidadanía, expresión do mal en si mesmo. Participar nesta asignatura e colaborar con Mal.

En canto as novelas contemporáneas en galego, dado que non se entende o que din e até que sexa descifrado o seu contido deberán ser retiradas do mercado e mantidas en corentena. Se pasados os 40 días, non se entendeu o que din, tamén serán queimadas.

Camilo José Cela D´or

Ficción

Na Región Gallegao, ao igual, literalmente, que na Región Española, non se fan políticas:
Fanse campañas.

(www.etodoscontentos.es)

23.7.07

A forza que fai país

A forza que fai país.
(2009, típica paisaxe tradizonal galega / Galician tipical landscape, 2009)

15.7.07

Asterix e Obelix fascistas!

A Comisión Galega para a Igualdade Racial (CGIR, nas súas siglas en galego), esixe que se retiren inmediatamente da venda todos os comics de Asterix e Obelix, por tratase dun libro que pon de releve groseiros estereotipos raciais. Este libro contén imáxenes e palabras a cerca de estereotipos raciais atroces, onde os romanos parecen parvos, son cobardes e corruptos.
Estimamos que non é correcto vender este tipo de material racista e, en cosecuencia, solicitamos que este libro sexa retirado da venda. O único lugar onde sería aceptable que se espuxera este material sería nun museo xunto a un gran cartel que dixera: "Disparate racista e pasado de moda".

Julio Cesar Ameixeiras

13.7.07

Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago está moi ben; estamos SuperaFavor:
Ven xente de todas partes do mundo, é moi cosmopolita, o cal permite comprobar:

a.- En todas partes hai xilipoulas.
b.- Todos os xilipoulas do mundo son semellantes.
c.- Pódese ser igual de xilipoulas en moitas línguas diferentes.

Inseminario a Prol do Cosmopolitismo.

10.7.07

Que é un intelectual?

Un intelectual é todo aquel que fai cousas que non son propias dos homes, como cazar (procurar comida), facer deporte ou, en xeral, actividades que impliquen esforzo físico, andar de farra ou ao puterío. Os que non lles vai ben todo iso, son intelectuais.

Santos Torrealba

7.7.07

Etica Persoal

A Conferencia Inseminaria Mundial da Xente Normal, acaba de resolver posicionarse super a favor de que cada persoa sexa libre de actuar sempre de acordo a súa propia ética persoal. Esto é, que as persoas poidan decidir libremente exercer a prostitución (ou non) de acordo ao que lle dictamine a súa propia ética persoal; poidan poñer o cinturón de seguridade (ou non); poidan ir a a 60 ou a 260 km/h segundo estableza a súa ética (e a súa conta corrente -obviously-); poidan abortar ou ter un fillo, sen que ningúen lles impoña os valores dunha moral allea. E así sucesivamente por los siglos de los siglos amén, ate un mundo máis libre, xusto e normal.
Juan Dios Dios
(Esquizofrénico Paranoide)

6.7.07

Nerviosos

Os Gallegos, fundamentalmente, están NERVIOSOS

Tranqui Machín

2.7.07

Corrupción

Nos estamos a prol dunha corrupción normal, a que nos beneficia.
BNG (Bloque Normal Galego)

1.7.07

Aforismo

Marcos Lorenzo é un coñecido aforista.
Nunca para na casa.

Emilio Cioran