INSEMINARIO

a punk attitude

21.6.07

Subvenciónanse feos/as.

Inseminario amósase SuperAFavor da Xunta. Reticencia Galega declara non só o seu apoio incondicional senón o seu amor infinito.
A Xunta en vez de facer o propio, é dicir, deportar/expulsar/encerrar/prohibir/executar/tapiar/enterrar/....... os feos e as feas e, en xeral, todo aquelo que non é bonito agora PRÉMIAOS!!!
Así que non preocuparse, se tes as tetas demasiado grandes, demasido pequenas, extrávicas, se tes cartucheiras ou nariz tipo tubérculo masivo, se te pareces aos irmaos Kaczynski, se esa sensual barriguiña transformouse nunha tripa noxenta, se vistes que das pena, ........
NON TE PREOCUPES!!!
AGORA A XUNTA DACHE ATA 6000 EUROS PARA CORPORACIÓN DERMOESTÉTICA.

E todos felices*

* NOTA: En Inseminario non nos fai falla esta medida porque como todo o mundo sabe somos fermosísimos, divinos, agora ben, estamos dispostos a axudar á Xunta a través dos nosos impostos para contribuír á expansión da beleza. Esto é solidaridade ben entendida e o demáis son coñas.

18.6.07

Normalidade

Región Española:
Vuelven las aguas a su cauce, se reinstaura la normalidad- proclama el PP.
Tanto che nos ten- Proclaman dende Reticencia Galega.
O fin da Anomalía- proclaman dende a AXN (Asociación de Xente Normal)

15.6.07

Reforma agraria

Na Galiza non somos minifundista, somo leiratenientes.
Nunca Máis Minifundios na Galiza!

Xan Solo

13.6.07

O Atraso Litoral da Galiza

O famoso economista, xeografo, xestor, planificador, quiropráctico e poeta Quin Crespo Tourín ven de pronunciarse a favor de que as rías galegas se convirtan por fin no auténtico elemento de desenrolo do litoral galego. "Las rías - di o Gurú - lo único que crean son problemas: su humedad trae reumaspara la población anciana, si les echas unos residuos ya está Europa con que hay que sanearlas, gastando unos recursos ingentes, no sirven como área de baño, están llenas de bichos, etc."
Quin Crespo Tourín pronunciouse SuperAFavor do asfaltado das mesmas: "podríamos montar grandes polígonos industriales que generarían riqueza, con fábricas como celulosas o plantas regasificadoras en cada ría, haciendo del noroeste Español en un gran complejo". Igualmente Quin Crespo Tourín loubou o grandes espacios planos e abertos "habría sitio para todo, urbanizaciones de lujo, campos de golf e incluso podríamos poner algún espacio protegido, para que luego no digan y vengan los de los mariscos, esos delicuentes, quejándose". Igualmente se preguntó: "Cuánto le cuesta a cada gallego lo de las rías?".
Tanto os Gobernos como a Oposición mostraron o seu interese polas propostas do mago da economía "é unha propuesta de grande interés para Galicia" manifestou o Presidente, "eso xa o faciamos nos" dixo o líder da oposición Feijoo e mesmo o vicepresidente Quintana manifestou "é unha gran oportunidade para Galiza", inda que cremos que foi preguntado polo mercado polaco de tubérculos.
Preguntados sobre a posible ilegalidade debido ao impacto ambiental provocado, todos eles coincidiron nun lacónico "bueno, vaise facendo e logo xa está feito".


Amin Plin

12.6.07

Esa gran nación

"...ETA es una gran nación...."
Mariano Rajoy, 11 de xuño de 2007.

Por iso, e por moitas outras cousas estamos a SuperAFavor do Regionalismo Radical.

10.6.07

Letra para o himno

Seica a región española está a buscar letra para o himno, debido fundamentalmente a que os deportistas españois, nas escasas ocasións nas que suben ao caixón, non saben que facer coa boca. Nese senso recomendamos unha solucion barata, sinxela e, sen dúbida, de facil consenso: que masquen chicle. Non queda moi estético pero relaxa moito.
Envexosos como somos deste tipo de innovacións e propensos a facer o contrario que región española, propoñemos que no himno da región gallega se suprima non só a letra, senón tamén o emprego de instrumentos musicais e que, de acordo as máis senlleiras costumes populares, só poida ser silbado.
Imaxinades.....


Manuel Munguía

5.6.07

Falar

Se queres que falen de ti, monta un grupo terrorista.
Se non tes nada de qué falar, fala de terrorismo.

Teruel existe e Lugo a veces.