INSEMINARIO

a punk attitude

28.2.07

A causa do Atraso xxxóxico / xxxxómico da Galiza

Mentres que no resto do planeta, particularmente no mundo desenvolvido, e tamén no resto da Nación Española, as intelixencias grandes, medias e baixas adícanse ás ciencias, ás artes, ás técnicas, á fontanería, etc contribuindo así ao desenvolvemento de todo tipo, na Región Gallega todo o mundo adícase á FILOLOXÍA.
Igualmente nestes outros lugares os grandes debates públicos son sobre as artes, a economía, a sociedade, as ciencias, a gastronomía .... na Región Gallega, debates circulares sobre cuestións FILOLÓXICAS.
A filoloxía explícao todo.


Josep Manolo Shores Burned

23.2.07

Antonio Losada, ese gran antisistema

Antonio Losada enfrontouse il soiño á Policía (ou Poliza), é dicir, ás forzas represoras do Estado Español. Cambiou o traxe e garabata por unhas rastas, unhas zapas suxas e unha sudadeira descolorida no máis xenuino estilo perroflauta e antisistema. Amenazounos, pero non cun "cótel molotoff" senón con abrirlles un expediente, o poder(cillo) é o que che ten, inda que unha cousa é ser Vice e outra moi diferente Vice de Igualdade e Benestar, curiosamente:
Igualdade: todos/as os/as galegos/as teñen dereito/a a poder insultar e ameazar á Poliza sen que pase nada.
Benestar: oes, o ben que te quedas despois de meter catro berros a un/ha madero/a. Isto vai ser un dereito básico da Región Gallega.
En Inseminario xa volo advertimos hai tempo. Chega o momento de estar SuperAProl de Antonio.

Vicepresidencia de Algo.

16.2.07

Cen maneiras diferentes para acabar con Eduardo Punset, Amando de Miguel e José María Aznar

(3) Invitamos a Amando de Miguel a un macrobotellón xuvenil de varios minutos de duración onde a xente o pase, sinxelamente, ben.
(4) Ahora que Aznar xa recoñece que el moi listo non é, poderíamos invitalo a un campo de entrenamento de muyahidíns. Ana Botella tamén, rapada tipo Teniente O´Neal.
(5) Facerlle 12455 radiografías craneales a Punset (a alma está no cerebro).



Antroido

No antroido hai que xogar coa ironía, hai que transgredir, hai que facer escarnio, facer mofa, travestirse.
Puf. Vale.

FEP (For Ever Punk)

Vicenovas

Posto que a Vicepresidencia (de Anxo Quintana) (de Igualdade e Benestar) (da Xunta de Galicia) (a secas) ten como novo asesor a:
SuperPiñeiro!!
Queremos destacar algunha nova iniciativa:
  • A partires de agora o tráfico será adaptado á idiosincrasia Gallega, ou como sermos nos mesmos mentres conducimos en clave de país: eu non vou para alí e poño o intermitente para aló, ou se cadra vou ben, ou tanto ten, ou tampouco é para tanto... Destaca que as tasas de alcohol serán diferentes se se trata viño ou licores do país ou de fóra. Máis info aquí.
  • Os maltratadores Gallegos xa non teñen que improvisar, a partires de agora dispoñen dunha completa guía sobre cómo acabar dunha vez por todas coa súa parella, con precisión, de xeito científico e en clave de país. É moi útil: os maltratodores poden camuflarse e disimular a súa condición seguindo uns amenos consellos sobre cómo as súas mulleres os poden detectar. Máis info, aquí.
Pepiño Baader

5.2.07

Por ti, polo teu país

Fai algo por ti
fai algo polo teu país:
renuncia á tua praza de funcionario.




2.2.07

Supernovidades superinnovadoras


Superolá a supertodos!! O supergoberno da SuperRegión SuperGallega ven de anunciar a Supercontratación de Supepiñeiro, si, si, o do Supermartes, de novo para a Supertelevisión pública!! O que fora un supericono do super rollo supermegarancio, supersexista, supercasposo e supervulgar é o supernovo superfichaxe da supersección Supernacionata e superdeesquerdas e supermegaguai do superGoberno!! Superclaro que se trata de superentreter ao que supereufemísticamente é denominado "os nosos maiores", é dicir, os putos vellos do carallo que cobran pensións e supervotan ao SuperPP e inda por riba non se desprenden dunha leira nin a paos supeprovocando entre outras cousas o desmatelamento do superural supergallego. SuperClaro que no noso SuperAntonio SuperLosada está supercontento por tan superinnovadora superproposta superpopulista, e SuperQuin está que se supersale na súa Supervicepresidencia!! Un dos superargumentos superesgrimidos é que hai que darlle a superxente o que superdemanda.
E como non podía ser doutra forma Super Inseminario está SUPERAFAVORDETODO, ou SuperAProl, vamos, que nos xa controlábamos o tema.

(P.S. bufff, por favor, non nolo poñades tan doado, ho! que se nos atrofia o supercerebro)

Súper