Un novo himno para a Galiza
O Comité Inseminario para a Alianza de Civilizacións e os Turróns el Almendro que Volven a Casa por Navidad (CIACTAVCN), sempre atento aos debates máis candentes na rexión gallega, quere facer a súa aportación ao oportuno, orixinal e moi agudo debate sobre o himno galego. Evidentemente sumámonos ao rexeitamento dos insultos presentes no himno (Menos férido, que non sabemos o que significa) e denunciamos o seu carácter excluinte e sectario.
A nosa proposta en positivo é que se adopte un novo himno. Rexeitemos os remendos, aproveitemos a posibilidade que esta ocasión nos brinda para proclamar un himno a altura dos tempos, como vocación universalista e que á vez enardeza ás huestes; con contido en valores (como a amistade) e que defenda a loita do pobo; que respecte todas as sensibilidades e opcións sexuais; que sexa épico e glorioso, triunfante!...
O Servizo de Prospectiva Holística de Inseminario (SPHI), xa ten a resposta a todos estes retos.
O noso himno debe ser: "We are the champions".