INSEMINARIO

a punk attitude

30.11.06

Canon antipiratería

O Comité Inseminario Superaprol da Sopa Boba (CISSBO) que mafistarse super a favor do establecemento dun canón anticonsumo de pimentos de padrón pirateados, xa que é evidente a presencia no mercado que pimentos que vendéndose como de Padrón, proceden doutros territorios, o que, sen dúbida, redundará na perda de moitos postos de traballo na producción, comercialización e distribución dos pementos de Padrón.
Este canón será aplicado a todos aqueles que teñan sarténs e/ou freidoras, xa que estes instrumentos poden ser aplicados para a comisión destas fechorias.
Tamén se lles cobrará o canón a todas a romerías, festas dos maiores, pulpadas e paparotas varias nas que se consuman pementos de padrón, xa que estes pementos puideran ser pirateados.
Os ingresos procedentes deste canon destinaranse á Casa do Campesino, que acollerá campesinos abandonados e sen recursos, ( ¡Animaliños!).

Non piratees, lembra que o teu avó tamén era campesino!

29.11.06

ATENCIÓN

A Asociación de Xente Normal (AXN), por medio da súa filial Asociación de Amigos da Xente Normal (AAXN), anuncia o nacimento dun novo partido regionalista gallego radical, dubitativo, sen adscripción ideolóxica (nunca se sabe a quen lle haberá que pedir un favor) e cunha fonda vocación extraparlamentar. Trátase de:

RETICENCIA GALEGA

Os eslógans de RG, a día de hoxe, son os seguintes:

"Reticencia Galega: A forza débil"
"Reticencia Galega: O partido da xente normal"
"Reticencia Galega: Ao final, nunca se sabe"
"Reticencia Galega: Igual si; non decimos que non"
"Reticencia Galega: Reticentes por Galiza"

En vindeiras datas teredes novas-novas.

Venceremos!! (igual non convencemos, nin falta que fai)


O Comité Periférico da Asociación de Xente Normal (CPAXN)

28.11.06

Turismo rural (2)

O bon turismo rural consiste en follar, comer, durmir e estar tranquiliño.
O mal turismo rural consiste en equiparte en North Face, Burberrys ou Coronel Tapioca e pensar que por un paseo de dúas horas pola campiña eucaliptizada a tua vida vai cambiar, vas ser menos infeliz e mellor persoa. O mal turista rural trata de entenderse cos paisanos que se atopa pensando que así ainda é persoa. O mal turista rural colle un libro (novela) e senta nun escano que non é seu pretendendo ler: a plástica e transcendencia de tal acto quítanlle todo o mérito que poidera ter e pon de manifesto o afastado que está o mal turista rural coa letra impresa.
Lord Byron

17.11.06

teoría da disonancia auditiva (TDÁ o Touriño)

y si la vida espera
a vida é pera
DIOS!
maldigo este puto bilingüismo armónico
que cutre, jolín!
caracoles!

SOS CINEMA EN GALEGO!

palabras

na Región Gallega coñecen todas as palabras
(bosque, innovación, desenvolvemento, estratexia, cambio, renovación, participación, democracia, futuro, universalidade, sinexia, vangarda, ....)
pero non o seu significado.


Dr. Palabro

historia baseada en feitos reais

(e vai en serio, como todo)
poñamos un rapaz que se mete nun partido (ou fronte) como o Bloque Neocón Galego. o rapaz ven dunha vila pequecha e decadente, marcha a estudiar a Santiago onde xa milita un pouco máis nas xuventudes escleróticas, logo coa mesma inercia marcha algo por aí adiante, por eses mundos de dios (viaxar da prestixio con tal de que non sexa a España). volta. faise concelleiro da súa (ainda máis) decadente vila. o BNG chega ao Goberno da Región e un político sen formación de ningún tipo (inda que moi disciplinado) chámao ao seu lado.
logo de levar gobernando ano e medio cae nas mans do rapaz un mail por casualidade destinado a unha terceira persoa onde en dous parágrafos sinalase cal debera ser a orientación de "tal" política.
o rapaz solta unha serie de frases:
- a nós nunca nos escribiron nada con tanta claridade
- a nós nunca nos veu dicir nada niguén.

no Inseminario estamos estupefactos: alguén accede ao poder sen programa e sen saber que facer, contratan a xente sen criterio e a continuación non buscan ningún tipo de asesoramento externo. ainda por riba queixanse de que ninguén lles conta nada (supoñemos que de gratis), é dicir, os de fora tñen que ir alí, non piden eles asesoramento.
temos que deducir que este rapaz-político tampouco sabe ler porque mirade que hai literatura accesible a "tal" política en medios de difusión tan convencionais como por exemplo este.
todo iso cos teus impostos, pequeno besbello.
ben. Inseminario recomenda paciencia (ou patadón nos dentes).


I+D (Inseminación e Desenvolvemento)

facer

fai ben Anxo Quintana en insistir niso de "facer país".
inda que primeiro habería que facer algunha idea (cun par delas chegaría)
logo facer algún político (poñamos que tres)
máis adiante facer algunha formación política
a continuación facer un goberno
e logo, xa se cadra, viría o de "facer país"
(a ser posible, non a conta dos meus impostos).


Nuno Val Eiro

10.11.06

liña inseminario de pensamento á galega


e se todo é posible porque falta
por que falta?




















a cabeza é delitio

9.11.06

Conxugar tradición e modernidade



Os Cool Hunters de SUFATO teñen localizado novas mostras da creatividade do capital social galego. Expresións radicais de novas sínteses arquitectónicas conxugando tradición e modernidade, novos usos para a arquitectura sobranceira. Mestura de materiais para procurar unha nova linguaxe arquitectónica.

Super a favor (of course)

Kevin Castiñeiras

a trama incendiaria vaise aclarando (2)

tras a nosa primeira aportación sobre o tema (a trama incendiaria vaise aclarando), temos máis evidencias da conspiración masiva e terrorismo atacante e ataque incendiario do pasado mes de agosto destinado a derribar o bipartito. máis info aquí. neste caso, o axente infiltrado facíase pasar por unha paisana de 63 anos tamén bastante desnortada.
Bio Sbardos

SuperAProl das Comparacións

Inseminario SuperAProl das comparacións.
Solidariedade con Josu!! Solidariedade con Ratzinger!! Dámaso: es un brando.
SIACM (Secretariado Inseminario de Asuntos Comparativos e Metafóricos)

8.11.06

Aquí cabemos todos

Se é que xa o di a canción:

"Banderita tú eres roja,
banderita tú eres facha!"


Isaias Benjamin

6.11.06

Idea!!!

Desde o Comité Inseminario para a Inseminación Total (CIIT) temos o pracer de lanzar ao mundo unha idea que revolucionará o tecido productivo da nosa Región, estimulando a actividade inmobiliaria e por efecto arrastre o conxunto da economía galega, e contribuindo dese modo a promover un desenvolvimento sustentábel da coesión social e do benestar dunha cidadania con maiores doses de vertebración, conciencia crítica e capital social.

Trátase de... tachán!!: o Catálogo de Recursos Especulativos da Galiza. Parece mentira que unha proposta tan sinxela non teña sido todavía enunciada por Xosé Luis Barreiro, Roberto Blanco Valdés, Suso de Toro ou calqueira dos cumios intelectuais da Región. O Catálogo consta de fichas individuais de cada un dos 315 concelleiros de urbanismo de Región Gallega. En cada ficha haberá unha foto do ínclito, xunto cunha clasificación de unha a cinco estreliñas (mellor de 1 a 5 "s", de subornabilidade) que recolla o moito ou pouco razonable que sexa o paisano. Ademais, pódese adxuntar baixo a foto un breve comentario que dé pistas sobre como entrarlle ao señor concelleiro. Por exemplo: "ghústanlle as neghriñas", ou "vaille o whisky caro", ou "lo suyo son los bugas tuneaos", ou mesmo "procurar nenos menores". Nalgúns casos os tipos poden ser perfectos monicreques en mans de terceiros (o admirado Roca da admirada Marbella, p.e.), e entón haberá que indicar a vía de acceso ("falar co cuñao", "falar co bedel", etc.).

O CIIT coñece algunha experiencia innovadora de marketing empresarial onde certa construtora pagou un capricho dun alcalde consistente en "desde joven siempre quise tener una cena romántica con Claudia Cardinale" e que custou 40 millóns de pelas, avión privado incluido. Este mesmo alcalde, co mesmo procedimento, pegouse algún garbeo por Singapur xunto con outro famoso construtor, ou un paseo en iate pola costa atlántica da península. Nin que decir ten que a primeira construtora mencionada (a de Claudia Cardinale), comezou a facturar a lo loco no municipio.

Unha ferramenta coma o Catálogo, de máxima utilidade para promotores inmobiliarios, ben empregada, sería un estímulo e un factor de dinamización de primeira índole para o mercado do solo. E o mercado do solo, guste ou non, é a base do noso crecimento económico, co cal tarde ou cedo repercutiría na mellora da calidade de vida de todos nós.


Walter Primogénito

Normativas...

CRICT (Consello Regulador Inseminario de Caducidades e Traumas)

Policia Nazonal Galega

Agora que por fin estamos a piques de conseguir a moi progresista reivindicación dos nosos ilustres devanceiros (os insignes-galeguistas-históricos) de dispor dunha auténtica policia nazonal galega, unha policia que nos fostie dunha forma autóctona e idiosincrática, que nos deteña e rexistre e reprima na nosa propria língua, desde Inseminario queremos celebralo aportando algunhas ideas decisivas:

1) O eslógan da nosa policia debe ser: "Todo con Re-Tranca"
2) En vez de silbato, impartirán as ordes con minigaitas
3) É imprescindible elaborar un procedimento de interrogatorio nazonal galego, que empece por "oiches, e ti de quen ves sendo?", e que siga con un "tíeee... non serás medio atravesado?", ou "hom, eu non sei, pero paréceme a mín que...".

(Continuará)

Jean Claude Castiñeiras

3.11.06

ano 2206, rollos preocupantes

Región Gallega, ano 2206.
algunhas cuestión seguen a preocupar aos habitantes.
ten Gz orixe celta?
reintegracionismo, si ou non?
era a U hexemónica no chiringo aquel que había hai un par de séculos?
causas dos incendios
A ou La Curuña
eucaliptos si ou non
España segue a marxinar Gz
Gz carece de infrastruturas, leva 30 anos de atraso
o atraso económico da Gz
a paisaxe na obra de Castelao
a economía autocentrada
o rodaballo gallego é o mellor do mundo
facer país
a herencia deixada polo PP é unha hipoteca
qué facemos coa Cidade da Cultura?
quén lé Tempos?
.....
Costradamus