INSEMINARIO

a punk attitude

28.10.06

Sí á Guerra!! (sen complexos)

- Estamos SuperAProl dos asesinatos, bombas, amputacións, tiros na nuca, secostros e demais. Nada nos deterá!! Máis información AQUÍ.
Movemento SuperAProl (é unha licencia Regionalista do movemento SuperAFavor)!

19.10.06

O auténtico superheroi galego

Toda cultura necesita os seus mitos e, na súa versión moderna, superherois. Así a cultura tradicional deu lugar aos Robin Hood, Rob Roy, Curro Jimenez ou Breogan. Na cultura moderna son substituidos polos Batman, Spiderman, Capitan América, etc.
Conscientes desta realidade, o Observatorio Inseminario de Besos, Verdades e Consecuencias, púxose a buscar ao auténtico superheroi da Rexión Galega, o superheroi galego do s. XXI.
Despois de meses peinando o pais descubrímolo, chámase SuperCouso. O seu pendón ondea nos ceos de Brión, cual Batman rururbano, sempre disposto a ser chamado (mesmo en domingo e por semana ate as 10). Ten a súa base á veira da estrada de Noia (procura boas comunicacións para atender raudo as súas supermisións).
Supercouso ten patrocinio da Coca-Cola, pensa globalmente e actua localmente para combater a fame no mundo .
Neste momento crucial, de grandes oportunidades históricas e no que se require altura de miras para a aprobación dun Estatut que nos guíe no s. XXI, INSEMINARIO recomenda abolir completamente do texto a definición da rexión galega como Nación de Breogán, por obsoleta e hortera. No seu lugar proponse: Nación de SuperCouso.

En Compostelópolis.

Clark Quen
O superreporteiro galego

Desenvolvemento e Desenrolo Económicos

A pesares de que a Región Gallega está no octavo país máis rico do planeta, a percepción é de que vivimos nun sitio pobre e subdesenrolado e subdesenvolvido. Debe de ser certo.
Así que imos propoñer unha serie de accións para progresar, desenrolarnos e desenvolvernos:
1. Puticlús: temos o know-how, as empresas, os traballadores (as, máis ben), o empresariado, a clientela, a tecnoloxía, .... témolo todo, polo tanto hai que mellorar o asociacinismo, sair á Bolsa, crear franquicias, promover o I+D+i, etc. en pouco tempo, líderes mundiais.
2. Tráfico de drogas. O mesmo, temos a tecnoloxía e os recursos humáns desenvolvidos, os contactos internacionais, dominamos os mercados, etc. polo tanto, máis asociacionismo, expansión, profesionalización do sector, etc.
3. Tráfico de armas. A desenvolver nos próximos 2 anos aproveitando a tecnoloxía, contactos internacionais, finanzamento e recurosos dos puntos 1 e 2. Líderes mundiais en 5 anos.
Así que Inseminario declárase SuperAFavor de toda a peña que ten o desenvolvemento económico a ultranza como bandeira e como idea moi lucrativa e produtiva, propoñemos que fagan snuff-movies coas súas nais. Se ademáis ofrecen o tema on-line forrámonos todos.
O típico tocapelotas, rompegüevos ou ecofascista pode aducir que son actividades ilegáis, pero a quén lle importa?
Perillán

16.10.06

¿?

Ábrese o telón. Aparece un paisano mirando uns análisis de sangre que lle dan chunguísimo: colesterol polas nubes, mogollón de ácido úrico, etc. Péchase o telón. Como se titula a película?

O EX-ZORZISTA!!

Matías Bagüer

10.10.06

A pena de morte

A pena de morte: ese interesantísimo asunto que tantos traballos de ética de 3ª ten motivado. O Comité Inseminario de las Verdades Verdaderas (CIVV) quere manifestarse Super a Favor da Pena de Morte precisamente no Día Internacional da Pena de Morte. Xa o dicía meu primo, Millan Astray: "viva la muerte", frase coa que pasou a posteridade.
A pena de morte, en primeiro lugar, é o paradigma da política moderna, que se basea no endurecemento das penas:
  • solución ao terrorismo: endurecemento das penas.
  • solución á violéncia doméstica: endurecemento das penas.
  • solución ao botellón: endurecemento das penas.
  • solución ao tráfico de drogas: endurecemento das penas.
  • solución aos accidentes de tráfico: endurecemento das penas.
  • solución á piratería: endurecemento das penas.
  • solución aos incendios: endurecemento das penas...

O endurecemento das penas, como se pode observar, é unha especie de tres en un da política contemporanea: arregla todo. Consecuentemente, Inseminario, no seu papel de liderazgo social e moral, quere reclamar da clase política que adopte mediadas consecuentes, audaces, innovadoras e apoiadas na nosa tradición, que ao fin e ao cabo a democracia en España é cousa de dous días atrás. Endurezcamos definitivamente as penas, libremos as boas xentes do mal que os acecha:

¡Pena de Morte Xa!

Millán Castray

6.10.06

Advertencia: os 10 mandamentos de inseminario

vémonos na obriga, a estas alturas, de explicar cómo funciona esto de Inseminario, máis que nada a modo de advertencia, así que ofrecemos os nosos 10 mandamentos:
  1. a nosa actitude é punk pero somos o que queremos
  2. Inseminario non ten porqué ser divertido. pode perfectamente non selo.
  3. esto é unha historia completamente seria.
  4. podemos criticar ou non criticar.
  5. podemos alabar ou non alabar.
  6. o punto 4 e o 5 están sometidos ao noso libre albedrío, é dicir, podemos facer o que queiramos de xeito completamente arbitrario, ou non, que sempre estará ben.
  7. estamos en contra do relativismo. neste punto coincidimos plenamente co discurso do papa Benedicto16 xustamente antes de ser designado papa.
  8. o punto 7 refórzase polo feito de que a Xeración Vox decidimos o que é e o que non é e non temos que ofrecer ningún tipo de explicación. para qué serven as explicacións?
  9. lideramos o Movemento SuFaTo (super a favor de todo).
  10. somos peña normal así que estamos SuperAFavor das contradiccións.
O PP (Profeta Punk).

2.10.06

solucionando o dos cayucos

unha vez máis, dende Inseminario aportamos solucións eficaces, sinxelas (incluso simples) e imaxinativas para os problemas de actualidade. ante a crise famosa dos cayucos cargados de subsaharianos (pobres de cor non europeos, como unha subespecie, vaia) que tratan de acadar a Nación Canaria, entendemos que a solución pasa por poñer a toda a Armada da Nación Española por alí, disparar e afundir os cayucos. claro que palmarían os subsaharianos pero en canto se extendera a nova polas súas Regións de orixe, fixo que non partía de alí ningún cayuco máis, así que facede contas a de subsaharianos que salvamos. claro que tamén poderíamos ofertar paquetes turísticos baixo o lema "dispara ao teu cayuco": turistas que pagarían un pastón por bombardear eles mesmos a losputosemigrantes; estes turistas voltarían logo ás súas europeas localidades de orixe e, xa felices e relaxados, mesmo maximizarían máis eficazmente aos seus empregados emigrantes ilegais contribuíndo á riqueza da Nación (e a propia, claro está); obviamente estes turistas contribuirían a rendabilizar económicamente toda a operación.
outra solución posible é bombardear masivamente á toda a poboación dende Mauritania a Namibia (Namibia non que alí están os de Pescaboba xa controlando o cotarro), pero resulta caro e logo, claro, habería que traer emigrantes para comerciar cos productos (o que os xipis chaman eufemísticamente explotar) da Región Africana e todo iso.
en calquera caso: SuperaFavor das nacións Europeas e SuperaFavor dos mares ceibes e cayucos!!
Laboratorio de Ideas Xeoextratéxicas Obvias (LIXO)