INSEMINARIO

a punk attitude

30.9.06

VIVA El País!

La Voz de Galicia, a parte de ser un xornal mediocre e ridículo, é a marca dunha coñecida factoría mafiosa, de reparto de favores e prebendas baixo pago ao contado.

La Voz de Galicia, que calou coma un morto os primeiros anos do proxecto da Cidade da Cultura (non só calou, mesmo lle adicou unha publirreportaxe), agora carga as tintas contra o novo Goberno por este tema, xustamente agora, cando se pretende introducir algo de transparencia e racionalidade no despropósito herdado.

Que pasa?, que a Consellería de Cultura non gasta suficiente pasta en publicidade institucional na Voz?, ou que o novo Goberno apoiou a saída da edición galega de El País, e ao "capo dei tuti capi" entroulle o canguele?.

Outro día falaremos dos articulistas da Voz, un a un, empezando por ese politólogo que sempre repite o mesmo mantra: "uns din isto, outros din aquilo, pero aquí o único que sabe o que hai que facer é un servidor", unha cantinela tipo "borriquito como tú, tururú, yo-sé.más-que-tú" que normalmente desemboca nunha orixinalada, expresada con contundencia, pero de contido acuoso e insustancial. Vamos, un farsante.

Milton Jameson

27.9.06

SuperAFavor do TERRORISMO

o tema estaba claro. é na Región Gallega onde comezou o principio do fin do Terrorismo.
se se quere acabar co Terrorismo hai que estar completamente SuperAFavor do Terrorismo. así, imos declarar Terrorismo Todo. cando Todo sexa Terrorismo en realidade nada o será e van ter que inventar outra cousa. poderemos dicir: "olá, son terrorista" - "ah, booo".
si, xa sabemos que parece doado, pero tivemos que ser de novo en Inseminario os que acadamos a solución.
algún exemplo de Terrorismo:
terrorismo incendiario, terrorismo masivo, terrorismo ecolóxico, terrorismo estético (feísmo), terrorismo acústico (os bebés berran a dios), terrorismo doméstico, terrorismo afectivo, terrorismo na estrada, terrorismo emocional, terrorismo visual, terrorismo político, terrorismo culinario, terrorismo de saúde, terrorismo escolar (os pequenos xa se sabe), terrorismo inmobiliario, terrorismo familiar, terrorismo económico, terrorismo ideolóxico, terrorismo húmido, terrorismo climático, terrorismo informativo, terrorismo laboral, terrorismo deconstructivo, terrorismo hiperbólico, terrorismo nihilista, terrorismo etílico, terrorismo onírico, terrorismo inodoro, terrorismo marino, etc etc.
Terrorismo Inseminario

21.9.06

Furacán Gordon

Antonio Losada revela que a chegada do fura-cán Gordon, convertido en tormenta metatropical, á Región Gallega forma parte, como é obvio, da conspiración e do ataque terrorista e masivo contra a política climática do novo goberno da Región Gallega. só un cego non o vería, está claro. Touriño di que todo está baixo control, Quintana di que il non acusa-a-ninguén-pero e Feijoo manifesta que Pemán debe demitir.
todo está claro e o que non o crea é que é un fascista.
(IICCC) Instituto Inseminario de Comunicación Climática e Contubernio


a deusa Cibeles


vista a polémica xerada en torno a Cibeles, Inseminario solidarízase e declárase SuperAFavor do aspecto saludable, como non podía ser doutro xeito, pois Vox temos un aspecto, máis que saludable, sublime, e máis que aspecto, apariencia.


(ACIAST) Alto Comisionado Inseminario para o Aspecto Saludable de Todo

18.9.06

CULPABLES

O verdadeiro culpable dos incendios é a IGREXA.
Seino de moi boa tinta.

Juana de Arco

16.9.06

SuperAFavor de Bene16

Inseminario quere manifestar que está SuperAFavor do Papa Bene16. ten toda a razón cando di que o Islám se espalla de xeito violento polo mundo e cando se mete con Mahoma; claro que é certo e hai que estar SuperAFavor: expandirse violentamente é o lóxico e o racional, como ben confirma o Cristianismo en todo canto espallamento ten. o que pasa é que os musulmáns non se enteran de nada.
tamén estamos SuperAFavor de Bene16 cando di que a teoría da evolución de Darwin é irracional. pois claro, é unha obviedade e Bene16 sabe mogollón de rollos racionais.
os Anxos Inseminarios somos coñecidos de vello por vestir de pomba para cumprir os nosos cometidos. a ver qué virxe pillamos hoxe.
Anxo Inseminador

15.9.06

ARTE

en compostela, ir a inauguracións de exposicións server para tajarte de gratis*
*a conta da Consellería de Cultura.
Llésica Lanch

14.9.06

negociado 2

para qué negociar se o que interesa é maximizar a eficacia e minimizar os tempos de execución?
Cancillería Inseminaria

ACLARACIÓN

Entón, a ver, como era?. A trama de terroristas incendiarios eran os alcaldes do PP, auspiciados pola dirección provincial da Coruña e baixo o consentimento de Núñez Feijoo. Vale, entendido, e os responsables do 11-M resulta que era o PSOE xunto con destacados cadros da Policía e máis a cadena Ser, escudándose nuns pobres parias islámicos (cabezas de turco, nunca mellor dito).

Correcto, entón os terroristas son os do PSOE, os do PP, os principais grupos de comunicación de España e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Entón os que non son terroristas son o BNG, os medios de comunicación galegos e o Ejército Guerrilheiro. Supoño.

Como cambiou o conto...

Gambrinus Baby*
Igual eu tamén son un pouco terrorista e non sabía. E a miña muller?

13.9.06

negociado

se unha cousa pódese solucionar a hostias, para qué negociar?
Cancillería Inseminaria

7.9.06

novo traje regional gallego


como consideramos que hai que estar abertos ás novas tendencias, usos e costumes presentamos en primicia Regional o Novo Traje Regional Gallego (NTRG).
cada gallego/a ten dereito a un traje gratis (preguntar en calquera Consellería).


Comité de Tipismo Adaptativo Inseminario

5.9.06

Aforismo do Conselleiro SUÁREZ CANLE

Pensei en dimitir,
ergo non dimito.

C.L.

1.9.06

Antón? non, graZas!! Antonio (Losada)


por cortesía e mérito de Ancos, descubrimos que Antón Losada non é Antón Losada senón Antonio Losada. (DOG núm 160 de 22 de agosto de 2005), transcribimos porq non se lé ben:

"Corrección de erros.-Decreto 301/2005, do 11 de agosto, polo que se nomea secretario xeral de Relacións Institucionais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar a Antón Losada Trabada.
En relación ao Decreto 301/2005, do 11 de agosto, polo que se nomea secretario xeral de Relacións Institucionais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar a Antón Losada Trabada, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 155, do 12 de agosto, cómpre facer a seguinte corrección:
Nas páxinas 14.181 e 14.234, onde di: «Antón Losada Trabada», debe dicir: «Antonio Losada Trabada»"

- así, la verdad, está mucho mejor, porque tanto Antón, al final, en el Grupo Prisa, se iban a enfadar y no puede ser que los euros son los euros. eh!

(obrigado Ancos de caraovento)
Cazatalentos