INSEMINARIO

a punk attitude

30.3.06

estratéxico (?)

'o vento é estratéxico en Galicia'
'a andalucita é un mineral estatéxico en Galicia'
'o porto exterior- un deles- é estratéxico para Galicia'
'sector estatéxico para Galicia'
'a corredoira dabaixo é estatéxica para Galicia'
........
a ver se nos entendemos: se todo é estatéxico nada o é.
polo tanto a Axencia de Calidade Inseminaria recomenda o non uso do adxectivo 'estratéxico/a' baixo ameaza de deportación á un polígono industrial checheno.
Dr. Osmond

29.3.06

Super a favor do Concello de Cerdedo

O Comité de Calidade Inseminaria (CCI) declára o Concello de Cerdedo capital mundial do regionalismo gallego. Valorouse como mérito particular a novidosa web institucional do Concello, cuia visita é inexcusable para todos os amantes do regionalismo gallego:
www.cerdedo.org
(Recoméndase visitar a páxina co volume do ordenador a tope).

O Piloto

26.3.06

facer país (2)

facer país é ser camareiro/a que traballa un mínimo de 13 horas ao día, seis días e medio a semán por un soldo ridículo e cun contrato-lixo sen dereito a nada. pero como o bar ou o restaurante ten un enfoque nacionalista/galeguista con clientes desa parroquia e gaitiñas soando polo fío musical, o camareiro/a sinte que todo está ben.
Mesías Meinhof

Caracterización do home regional gallego

  • O home regional gallego é de estracto fundamentalmente rural (vive en aldeas).
  • As aldeas do home regional gallego caracterízanse por tres rasgos: a homexenidade nas construccións (ama a paisaxe), a ausencia de cantina e e as reminiscencias botánicas nos seus topónimos: las Hortensias, las Acacias, las Mimosas...(O home regional gallego ama a natureza).
  • No seu defecto, o home regional gallego vive en edificios con balcóns: gosta de ver as procesións e os desfiles de carrozas (ama as tradicións).
  • O home regional gallego fala español ("en Portugal lo entiende todo el mundo").
  • O home regional gallego ten caixa de ferramentas ("todo home ten a súa propia caixa de ferramentas").
  • O home regional gallego prototípico traballa en Caixa Galicia e lee o periódico (é culto é de clase media-alta).
  • O home regional gallego gosta e ir aos puticlubs "a tomar unhas copas" (é imaxinativo). Nota: advírtase que este aspecto puidera estar relacionado coa ausencia de cantinas nas aldeas do home regional gallego.
  • O home regional gallego aprecia o medio ambiente: gosta de camiñar polo paseo marítimo da Coruña e admira as súas farolas "clásicas". Esta actividade adoita acompañarse de cánticos rituais do tipo: "hai que ver que bonita dejó La Curuña Paco Vázquez" (o home regional gallego é sensible).
  • O home regional gallego non se mete en política (vota ao Partido Popular).

O Piloto

25.3.06

evolución regresiva

a evolución sempre pode ser regresiva: peor que os pijos é a mutación pijos-guays ou hippijos.
Dr. Osmond

os nosos indiscutibles líderes

porque jazzman é para nos o piropo inseminario máximo: o recoñecemento dun xeito superior de expresión.
Comité Inseminario de Liderazgo

24.3.06

Xeración VOX

A Xeración Nós mitificaba,
a Xeración VOX desmitifica.

El Creador

Así son las cosas...

ETA declara unha tregua!!!.
O Partido Popular, NON.

Elena Genado

23.3.06

en apoio de Mayor Oreja

nestes momentos tan difíciles e tras a última declaración de Jaime Mayor Oreja, o Colectivo Inseminario na liña Super a Favor de Todo (SuFaTo) quere manifestarlle o seu apoio incondicional e o mesmo tempo aproveitar para manifestar o noso apoio inamobibel á teoría da conspiración universal, á vida en Marte, á que os extraterrestres viven entre nós, a que Donald Rumsfell está detrás do virus da gripe do polo, á existencia da Atlántida, ao Código da Vinci, ao misterio da Santísima Trinidade, á inmaculada concepción, a que a sida é foi un experimento da KGB para destruír os sacerdotes católicos, ao home do saco, ao o sacauntos, ao cocón, á Eduardo Punset, á la Abeja Maya, etc etc
Mayor Oreja, agradecido, revelounos en conversa particular que foi ETA quen asesinou a Kennedy nunha hábil xogada e que foi ERC quen diseñou o Naranjito do Mundial 82 para desprestixiar á Nación Española (véxase a similitude entre o subsodito e Carod Rovira); pola contra o do cambio climático é un invento do lobby dos homosexuales para favorecer o aborto deportivo nas parellas lésbicas da Nación Española.
Mesías Meinhof

22.3.06

Se abuchararon...

Visto o éxito da estratéxia inseminária de hostigamento ao entorno de ETA, desde a soberaníssima Región Gallega decidimos declararlle unha tregua hostíl (hostial?) a Endesa, a Espanha, á Nazom Ganhega, a Carórrovira e a Pedrojota, todos xuntos metidos nun bote, por la Gracia de Dios y de Jiménez Losantos, aleluyah, osanna en los arrañaceus.

Visca el Estatut de Regiò per la Galicia!!
Gora Espanha lliure de galegos!!
Morra a Xeración Nós!!
Arriba Inseminario!!

Xeración VOX

21.3.06

dúas reflexións dende a Región

reflexión 1: toda a teoría do caos cabe nun so país.
reflexión 2: o fin é o medio*
*adicada especialmente ao compañeiro Inseminario Dottore Mignoca
Mesías Meinhof

17.3.06

paco rodríguez: un xenio inseminario

estamos a ter un fantástico éxito na difusión do pensamento Inseminario no mundo enteiro. neste intre, a nosa filosofía xa é adoptada por grandes líderes planetarios. o último, sen ir máis lonxe, é D. Francisco Rodríguez (o patriota galego, non paco, o do bar de abaixo). nunha punkvolucionaria visión estratéxica ven de reclamar que se faga o porto exterior de ferrol pero sen danos para o medio ambiente. tan Inseminaria é esta proposta que acaba de inspirar outra serie de ideas/achegas:
- matar un reo sen causarlle dano nin físico nin moral.
- operacións a corazón aberto sen alterar o corpo do paciente
- invadir un país militarmente sen causar danos nen pisar o cespede
- follar pero sen sudar nin acelerar o ritmo cardíaco nin intercambiar fluidos
- inxerir un cocido completo pero sen tomar colesterol
- emborracharse sen introducir alcohol en sangue
- roubar sen causar nengún prexuicio a ninguén
- que chova pero que faga sol
- que se acabe a seca pero sen chover
- correr os 100 metros lisos pero deitado no sofá
- etc etc etc
Paco: un xenio Inseminario pero sin iguana
Dr. Osmond

16.3.06

O Gallegosexual

o comité Super a Favor de Todo (SuFaTo) quere amosarse en esta ocasión SuperaFavor do GALLEGOSEXUAL.
qué é o Gallegosexual? ben, vimos de asistir á eclosión e morte do metrosexual e agora do ubersexual. non son máis que modelos de home contemporáneo que nos tratan de ofrecer as mutinacionais de nacións extranxeiras (nos estamos a Favor das Multiregionais da Región) para cinguirnos aos seus simples pero rentábeis cánones de comportamento, beleza e consumo.
O colectivo Inseminario pertence a un podelo propio, Regional, baseado na modernidade e sen un ápice de tradizón, trátase do Gallegosexual.
O Gallegosexual é moi sexual, sensual, simpático, intelixente, brillante, listo, carismático, elegante, fascinante, arrebatador, divertido, serio, optimista, indolente, activo, dinámico, guapo, agradabel, ule ben sen empregar desodorante, sabe comer e incluso, as veces cociñar, sabe beber, durmir e drojarse, rural e/pero urbano , coñece as mellores escenas do porno mundial e, tal e como se explicita máis abaixo, pasa do fútbol e dos outros deportes primitivos protoespañois, así como de saber de coches, buxías, tapas de delco e cousas así, non é tenro nin ñoño, prefire follar antes de ir ó cine, viste de sí mesmo, etc etc. a veces incluso tamén é rico (estamos nelo).
o Gallegosexual é o home do futuro:
(canto antes vos decatedes, nenas, mellor para vós),
(canto máis tardedes en decatarvos, nenos, mellor para nós).
Dr. Osmond

14.3.06

rollos obsoletos

"o mental é un rollo do pasado"
Dr. Sigmun & Mesías Meinhof

13.3.06

O Atlántico

O Atlántico (o importante, o pub) é o único lugar onde nada flúe e todo permanece.

Dottore Mignoca

Culpa sen pecado

O malo de ser gallego é iso de sentirse sempre culpábel,
sen nunca ter desfrutado do placer de pecar.

Johnatan Pinheiral

11.3.06

que porto exterior ni que niño muerto

O Comité Super a Favor de Todo na liña das últimas propostas inseminarias quere manifestar o seu fondo rexeitamento á construcción de dous Portos Exteriores na Región Gallega. Así non se vai a ningueres. Sexamos serios, para qué queremos tanto porto exterior, macroporto, medioporto, portiños, amarres e pantaláns? para qué? qué gañamos con iso? pois está claro que fomentar a desunión na Región Gallega e en definiva, estar coas mesmas caralladiñas de sempre. Así este Comité, coa colaboración do Gabinete de Estudios e Proxectos Inxeñerís Potentes quere amosar a súa proposta paraa creación, agora xa sí, dun Gran Porto Gallego. Velahí a nosa proposta. Xa estamos a buscar cartos e a alecionar aos nosos spin doctors para que creen un clima de opinión superfavorable. Próximos titulares na Voz de Su Amo:
nos lo deben / es imprescindible para el desarrollo de la región / si no nos financian el Gran Porto es que no nos quieren / en Cataluña subvencionaron una nave industrial /fundamental para el despegue de la Galicia del Siglo XXII / Expertos aseguran que de no construirse, Galicia sufrirá un atraso de 49,5 lustros / las obras del Gran Porto que estarán listas en 2009 crearán 3.723.421,33 puestos de trabajo/ es la infraestructura que queremos todos los gallegos/ la gran infraestructura que necesita la Región Gallega del Siglo XXIV / etc etc
Comité Super A Favor de Todo / Gabinete de Estudios e Proxectos Inxeñerís Potentes

Amor Adolescente

Ti me molas,
eu te amolo.

Johnatan Pinheiral

10.3.06

Ideas para a Cidade da Cultura

O Plan Estratéxico Fundamental de la Muerte para a Definición de usos Útiles na Cidade da Cultura (PEFMDUCC) se compón de tres puntos que conxugan modernidade como modernisimidade (Santiago xa está cheo de pedras, así que de tradición xa imos servidos).
Punto 1: Desterrar definitivamente o de cultura, que total a ninguén lle importa e non vale para nada. Se alguén o dubida que conte canta xente entra ao día no CGAC.
Punto 2: Eisenman no tiene ni puta idea de arquitectura. Se a Cidade (do que sexa) representa unha vieira, QUE PAREZA UNHA VIEIRA!!!. Eso si que estaría ben. Poñeríamos carteis pola A9: Visite Santiago de Compostela. A cidade da Vieira Xigante Máis Grande do Mundo. Eso si que traería xente. As familias pararían a ver ese monumento. Agora, se pos xente en pantis dando saltitos....
Punto 3: Obvio: poñer unha gasoliñeira. Está ao lado da autopista, as familias acudirían a ver a Vieira Maís Grande do Mundo....e duas e duas son catro.
Así de facil, si é que non hai que ser moi listo.

O Piloto

9.3.06

formulario para o desenvolvemento galego

nas artes, nas ciencias, na cultura, na gastronomía, na viticultura, na pesca, na agricultura, na música, na literatura, nas rúas, nas leiras, na dereita, na extremadereita, etc etc etc

o Alto Comisionado Inseminario de Formularios e Plantillas recomenda non empregar nunca máis (never again) as seguintes verbas:

  • tradición
  • modernidade

no caso de seren empregadas xuntas, se son precedidas do verbo 'conxugar', o ACIFP recomenda o internamento nos campos de reeducación inseminaria no frío leste da Región.

o emprego da expresión 'conxuga tradición e modernidade' será ademáis motivo de esterilización polo método da rebarbadora.

ACIFP

8.3.06

super a favor da muller traballadora

a Célula Inseminaria Super a Favor da Muller Traballadora, nesta data tan sinalada, quere amosar o seu completo apoio á muller traballadora. ao mesmo tempo amosa a sua radical disconformidade co home traballador.
CISFMT

7.3.06

Xa temos bandeira do Deporte Galego Contemporáneo


Elena Genado

En contra dos deporte prehistóricos e protoespañois

Defendamos o deporte galego contemporáneo. ¿Selección galega de futebol?: ¡Non!. Non máis deportes alienantes e colonizantes. Boa parte dos deportes que se práctican orixináronse a partir de actividades productivas, así as competicións de vela proceden das carreiras dos pescadores por chegar primeiros có peixe a porto e o lanzamento de jabalina procede das prácticas dos cazadores. No caso da loita grecorromana a ningúen se lle ocorre cal é a gracia de dous tios gordos tirándose dos calzoncillos.
¿Cal é entón a auténtica esencia do deporte galego?. Onte ese grande sociólogo que é López Veiga nos desevelaba as claves: no seu pobo a xente práctica a agricultura por hobby. Acabamos de descubrir o deporte contemporáneo galego.
Pasos a dar a partir de agora:
1) Definir as novas modalidades deportivas: Lanzamento de sacho, 110 metros sebes, fouceo (práctica tradiconal de loita con fouciño orixinada nas antigas disputas pola terra), leiring (leira a través),...
2) Diseñar os novos aparellos deportivos: o sacho fucsia de nike-women, fouciño adidas plateado, zocos anatómicos transpirables de puma (Dispoñibles en 70 cores e con versión descalza para o verán)..
3) Creación de escolas deportivas de alto rendemento aproveitando os fondos europeos para o desenvolvemento.
4) Creación do libro dos records do deporte galego auténtico. Así, por exemplo, o Diestéfano do fouceno sería o Belarmino de Chantada, que nun só asalto se cepillou a sete. Se ben foi cunha navalla, tamén é certo que o instrumental deportivo non estaba homologado de aquelas.

A espera de novas propostas, despídese o

Comité super a favor de todo

graZas

Tras varios lustros de normalización (liguística) e normativización (linguística), graZas, os normativizadores (linguísticos) graZas, conseguiron que quen sabe realmente falar galego, graZas, quen mantén o gran banco de galegofalantes, graZas, digan, graZas, con total convicción que eles non saben, graZas, falar galego, graZas.
un gran éxito da normativización (linguística), graZas, e da normalización (linguística), graZas, do país. GRAZAS GRAZAÑAS.
Nota: O Colectivo Inseminario superafavor dos normativizadores defende a normativización do seu organismo a un único modelo. Corporación Dermoestética está interesada pero nos preferimos a rebarbadora (gran ferramenta Regional Gallega).

Mesías Meinhof

6.3.06

Identidade

Monforte non existe, é un lugar imaxinario ao que regreso cando necesito pertencer a algún lugar.
O Piloto

3.3.06

Ven

Oficina de Turismo da Región Gallega (OTRG)

1.3.06

Protocolo do Xornalismo Rosa

1. Non hai nada.
2. A nada hai que enchela de algo.
3. Manipulamos a nada adecuadamente e fabricamos uns famosos.
4. Eses famosos follan entre si, como todo dios, e teñen problemas, e amigos.
5. Facémonos amigos deles.
6. Escudriñamos os seus devaneos máis íntimos: no limits.
7. Elaboramos un documento gráfico escabroso.
8. Asesoramos aos famosos sobre cómo gañar notoriedade: fai isto e aquilo, que perdes o tren.
9. Acordamos unha montaxe.
10. Asegurámonos unha comisión por retrasmitir a escatoloxía.
11. Invitámolos a asistir ao noso programa.
12. Acusámolos de pervertidos polas suas infidelidades (os cornos que pactaron con nós), por ir vendendo polos platós a sua intimidade, por realizar montaxes.
13. Linchámolos e humillámolos até que non queda máis zume mórbido que extraer. Para iso empregamos argumentos elitistas: eres vulgar, verdulera, ignorante...
14. Forrámonos coas comisións.
15. Presumimos da nosa estatura ética, do noso bon sentido de cidadáns de orde, da nosa profesionalidade. Repartimos consellos con arrogancia.
16. Repetimos moito: respétame, estou a traballar, eu fago as preguntas, eu son xornalista, a ti non se che coñece profesión!.
17. Buscamos novas vítimas (non hai horario: traballamos por obxectivos).
18. Non respeitamos aos que queran ficar á marxe.
19. O famoso pasa a ser colaborador do programa.

P.D.: Nunca imaxinastes un episodio violento mentres estades a ver o Tomate ou Salsa Rosa?: Entran os GEOS, din cun megáfono: "bien, vamos, desalojen el estudio!!" e comezan a repartir patadas e hostións nas cabezas dos presentadores, dos colaboradores, arrastran polo chan ao público, esparcen gasolina...


Axencia de Calidade de Inseminario

primeira victima


O Alto Comisionado para as Víctimas de Inseminario (ACVI) acredita que xa existen cidadáns gravemente afectados que sufren de alucinacións.

ACVI