INSEMINARIO

a punk attitude

31.1.06

sociolinguística infrainconsciente xeneracional

o das xeneracións é unha cousa moi rara, non?
os nosos pais falábannos en español. entre eles, ou cando se enfadaban con nos, ou cando ían de viños, ou cando voltaban á aldea, falaban en galego. en bo galego.
moitos fillos desa xeración falan sempre en galego. en mal galego. excepto cando se enfadan, cando se lastiman, cando lle teñan quer reñer ao seus fillos.... qué pasará para a seguinte?
o infraconsciente é un prodixio.
Jonh Wayne, 2006

Desprezo

Perante o descoñecido, diante do que non se comprende, as persoas reaximos con dous comportamentos extremos:

1) A adoración sumisa.
2) O desprezo altivo.

E.T. (El Extraterrestre) prefire desprezar.

O incomprensible sempre o é por dúas razóns:

a) Pola incoeréncia do exposto.
b) Polas limitacións intelectivas do interlocutor.

Asinado: Dottore Mignoca

30.1.06

Algo rupturista

Algo rupturista: "Madrid e Barcelona compiten con total crudeza polo reparto do pastel económico español. Ambos conforman un duopolio. Esa competición con fins exclusivamente materiais é adornada (e camuflada) por unha retórica de bandeiras, de identidades, de estandartes nacionalistas. É só iso, un envoltorio de mitificacións en combate que lles reporta enormes beneficios. O nacionalismo galego non é galego, é apenas unha franquícia dos outros nacionalismos periféricos (os que marcan a pauta discursiva, a axenda do que hai que dicer). Aquí non hai nacionalismo nen farrapos de gaitas. Galicia sempre foi pobre (en parte debido ao espolio ao que a submeteu Madrid, Barcelona e Bilbao, en parte pola propia burremia) e laica (grazas á abusiva pantomima católica). En Galicia non se deron as veleidades patrioteras e os sectarismos habituais das clases medias. Por iso aquí o único que ten futuro é o regionalismo gallego (R.G.), un regionalismo sen folcloradas, sen tentacións estatalistas, sen a relixión das identidades puras e as línguas puras e a bandeira e himno único, pero ao tempo un regionalismo que aspira á completa independencia, ao exército propio e ao lacón con grelos. Defendamos a nosa propia perspectiva, coa brutalidade de fouciño que se precise, defendamos a terceira vía gallega. Viva a Región Gallega!!."
Así pensou El Creador.

Podédesme chamar

Podédesme chamar El Creador.
El Creador ten reflexionado. Pensou nalgo pouco orixinal e pensou nalgo rupturista. Algo pouco orixinal: "A esquerda está anquilosada na queixa e no antagonismo. Tamén Galicia. É un estigma cultural, algo que burbullea no sustrato colectivo, unha doenza antropolóxica. A esquerda podería ser rabiosamente vital, e non o é (tampouco Galicia). Sexamos revolucionarios, fagamos unha esquerda que, en vez de oporse ao sistema (aportándolle de paso munición creativa), o apoie tal e como é, sen matiz nen doblez de ningún tipo, con entusiasmo. E non só que o apoie, senón que o empurre até o paroxismo das suas últimas consecuencias, até o borde do abismo... Aí veremos quen hostia ten máis güebos. Montemos pois a SuFaTo (movimento incendiario Super a Favor de Todo). "

29.1.06

presentación. son o Dr. Kabuto, da familia Kabuto, coñecida por construir e pilotar robots descomunais sempre en loita contra o mal.
advirto:
  1. non se pode fiar un dos vexetarianos: non matan nen comen animais: gústalles a carne humana.
  2. non se pode fiar un dos vexetarianos: so alguén que teme tanto a sua propia violencia ten que facer un esforzo tan grande por contela.
Dr. Kabuto.

coidado
xa estamos aquí