INSEMINARIO

a punk attitude

16.11.09

Os Nosos Indiscutibles Líderes: Gaddafi


Xa hai máis de tres anos que amosamos a nosa admiración polo compañeiro Gaddafi. Hoxe volve a demostrar por que é un dos Nosos Indiscutibles Líderes.

En cuanto a la figura de Jesús de Nazaret, Gaddafi aseguró que "no fue crucificado sino que Dios se lo llevó al cielo" y que los romanos crucificaron en su lugar a "uno que se le parecía".

Marcelo Mastroianni

12.11.09

Periodismo (I)

Oficio que require 4 anos de estudios para desempeñar unha tarefa que pode ser feita por Belen Esteban.

Patxi Pulicher

Periodista (I)

Dícese do especimen que considera que as baixas temperaturas en novembro son noticia.

O home inédito

10.11.09

Matar negros no Indico

Farto de destinos turísticos convencionais?
Vacacións en famila aburridas?
Tours de aventura completamente descafeinados?
Masificación?
Praias saturadas?
Ata as napias de tediosos videoxogos de guerra?

Temos o que estabas agardando, un destino turístico a túa medida. Embárcate cunha ducia de homes de verdade, de pelo en peito, camaradería asegurada, boa cociña, impresionantes vistas do océano, sen masificación, emoción asegurada, nada de tías que interrumpan as nosas diversións. Pesca bonitos e torpedea lanchas de negros con total seguridade, emprega armamento pesado de guerra. Aseguramos capturas de grandes peixes e negros descuartizados. 100% real!!!

Estas vacacións contan coa subvención do Ministerio de Defensa, co apoio do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino e o beneplácito da ONU e o xuíz Garzón.

Abstenerse peña sensible, mulleres, críos e humanistas.

Vicente Risco

26.10.09

Cultura, Economía e Sociedade

Tras estudiar o tema detidamente e empregando a máis moderna e sofisticada tecnoloxía de análise chegamos á conclusión de que, sen dúbida ningunha, o impacto Cultural, Social e Económico do novo centor de IKEA en LaCuruña vais ser infinitamente maior que o da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
Polo que estamos SuperAFavor.
Oluff Olänsom

14.10.09

Exteriorizar emocións

A Asociación de Persoas Sensibles Normales (APSN, a Asociación de Xente Normal(AXN) e a Asosciación de Amigos da Xente Normal (AAXN, o Comité de Emerxencia Emocional (CEE) así como diversas persoas a título particular, manifestan o seu apoio incondicional a D. Ricardo Costa. Cando pensabamos que non era unha persoa normal resulta que si que o é, e en en grado sumo, é dicir, supernormal. Tan é así que tras ser retirado dos seus cargos botou a chorar desconsoladamente. Todos pensamos que as emocións non se deben ocultar e que nos enchen de humanidade. Chorar é bo porque descargas tensión, lubrificas os ollos e demostras o supersensible que es.
Por outra parte demostras que "los pijos también lloran" e demostra de xeito contundente que é unha persoa a pesar de todo.

Dende a Región Gallega, Un fuerte abrazo Ric.

Ricardo Bágoas

27.9.09

Pra-Lamento Español

Pero como vamos respetar ao parlamento español se eles mesmos xa lle chaman "As Cortes"?
E logo o gallego que é, O Cortello?

Comité Inseminario pola Verdá Normal

18.9.09

O espacio

Nas pelis o espacio sae limpo, como recén fregado.
Inseminario sabe que é un lugar sucio.

NOTA: se Vd. non entende o que esto significa é que non viu suficientes películas de ciencia ficción nin suficientes telediarios, os seus sonos son analóxicos e leva unha pata de cabra como obxecto de clasificación da realidade.
Comunismo Negro